O PP de G presenta os cabezas de lista do PPdeG nas próximas eleccións autonómicas

Esta mañana el presidente Alberto Núñez Feijóo, presentou ás persoas que o partido proporá ao seu Comité Electoral como cabezas de lista do PPdeG nas próximas eleccións autonómicas do 25 de setembro.

O número un por A Coruña será Diego Calvo; Francisco Conde encabezará a lista por Lugo; como número un por Ourense irá Marisol Díaz Mouteira; e como número dous por Pontevedra Alfonso Rueda, que acompañará ao presidente na candidatura que este encabezará nesa provincia.

Feijóo asegurou que todos eles son persoas con experiencia, xestión, representativas e que coñecen as súas responsabilidades cun denominador común: non teñen outro obxectivo que acertar e responder aos intereses exclusivos de Galicia dende o servizos públicos.

Ademais, o presidente puxo en valor que nas listas do seu partido hai renovación. De feito, á excepción do candidato do PPdeG á Xunta, o resto debutan en calidade de números un. Tamén hai renovación porque incluso un cabeza de lista –Francisco Conde- nunca fora membro da cámara autonómica -Marisol Díaz e Diego Calvo si estiveran de forma intermitente no Parlamento galego-. Sen embargo e malia esta renovación, Feijóo salientou que non houbo sobresaltos nin liortas.

Segundo expresou, ese sosego é o que vai impregnar todas as decisións ata completar as listas electorais xa que “nós non temos que improvisar candidaturas, non temos que resolver liortas e non temos que buscar enfrontamentos entre as distintas liñas ou sensibilidades do partido”. 

Na mesma liña insistiu en que os populares teñen un proxecto sólido, completo e coherente e, por iso, tamén deben presentar unhas listas “sólidas, coherentes e para todos”. 

Do mesmo xeito, precisou que eles teñen moi claro que o secundario é estar ou non estar nunha candidatura xa que o prioritario é ter un proxecto para desenvolver nos próximos catro anos e poñerse ao servizo de Galicia.

Nese senso, manifestou que todos os partidos deberían deixar de mirarse o embigo para mirar á nosa comunidade. Así, afirmou que os populares saben que non é xustificable andar en liortas e en procesos de desunión ou bloqueo que só interesan aos que buscan un posto nunha candidatura.
Asemade, Feijóo engadiu que o seu obxectivo é que a nosa comunidade avance, asegurado que non van andar nin en pelexas internas nin en pelexas cos demais partidos “porque iso Galicia non o necesita”.

O dirixente tamén quixo agradecer a todos os membros do PPdeG que saben que por Galicia o prioritario é ter un proxecto político que sirva aos galegos.

E é que tal e como dixo, todos os membros da candidatura teñen moi claro que a súa obriga é ofrecer máis que os demais, que as siglas dun partido teñen que transcender ao proxecto de Galicia e que as listas deben ser un punto de encontro que ofreza á nosa comunidade unidade e entendemento.

Así mesmo, admitiu que tamén buscará o voto dos cidadáns que non están de acordo en cómo se está plantexando a política por parte dos partidos aos que confiaron o seu voto en anteriores citas electorais e dos que poidan ter unha ideoloxía parcialmente distinta da ideoloxía principal dos votantes do PP. A eles dirixiuse apuntando que lles van ofrecer un “goberno estable, das maiorías e no que se sintan cómodos”.  

O presidente tamén asegurou que o que presentan para todos os cidadáns é un punto de encontro entre diferentes xeracións, entre distintos ámbitos como o  urbano e o rural e un punto de encontro dentro da riqueza de pensamentos diferentes así como ante os líos, divisións e rupturas que hai no abano político galego.

“Cremos que hai cabida para unha maioría ampla de familias galegas porque, ao final, todos os galegos buscamos os mesmos obxectivos: benestar para os cidadáns e progreso para o país que queremos”, sentenciou.

Parabens a todos e moi especialmente á cabeza de lista por Ourense, Marisol Díaz Mouteira.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.