Impulsar a recuperación das áreas da Ribeira Sacra afectadas pola saraiba

Os devastadores efectos da saraiba
O pasado luns, a natureza cebouse coa parroquia de Doade dentro do Concello de Sober. Unha devastadora tormenta de saraiba descargou pola tarde con gran forza nesta emblemática zona produtora da Ribeira Sacra.
Os primeiros cálculos indican que a área máis damnificada abarca arredor de 50 hectáreas, que foron practicamente arrasadas pola sarabia. Isto afectaría a uns 400.000 quilos de uva, segundo as primeiras estimacións, cunhas perdas directas avaliadas nuns 500.000 euros. Os viticultores consideran, ademais, que o vindeiro ano só se poderá recuperar arredor dun terzo da produción actual.
Así foi constatado pola Conselleira do Medio Rural Ángeles Vázquez, que se desprazou ata o concello de Sober, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, para interesarse polos danos rexistrados nos viñedos desta Denominación de Orixe, que preside José Manuel Rodriguez.
A treboada rexistrada afectou tamén aos camiños, muros e outras infraestruturas relacionadas co cultivo de vide.
Celebro a mensaxe da Consellería do Medio Rural no senso de que traballará da man dos viticultores da Ribeira Sacra, especialmente os da subzona de Amandi, para impulsar a recuperación da súa produción e das áreas afectadas polas treboadas.
A miña solidariedade cos esforzados viticultores e adegueiros afectados  nesta DO Ribeira Sacra que comparte territorio das provincias de Lugo e Ourense.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.