A presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor anunciaba onte ao termo da reunión da Mesa que a ansiada Sesión de Investidura comezará o martes, día 30 de agosto, ás 16,00 horas, coa intervención do candidato á Presidencia do Goberno, proposto por S.M. o Rey, Mariano Rajoy.
O mércores a partir das 9,00 horas renovarase cos grupos parlamentarios, de maior a menor, salvo o Grupo Popular, que o fará en último lugar. Ese mesmo día terá lugar a primeira votación.
Finalizada a intervención de Rajoy a sesión suspéndese e renóvase o mércores ás 9,00 horas cando tomarán a a palabra os representantes dos distintos grupos parlamentarios para expor a súa posición, durante un máximo de 30 minutos. O candidato á investidura respóndelles, e pode facelo un por un ou de forma agrupada. A segunda intervención dos grupos parlamentarios será, de acordo cos tempos regulamentarios, de 10 minutos.
Unha vez acabado o debate realizarase a primeira votación. A votación é pública por chamamento, é dicir, noméase aos deputados uno a un, por orde alfabética a partir dunha letra elixida ao azar, para que en voz alta digan Si, Non ou Abstención á investidura. Nesta primeira votación, o candidato necesita o apoio da maioría absoluta da Cámara, é dicir, 176 deputados, para ser elixido presidente do Goberno.
Se non a obtén, realizarase unha nova votación pasadas 48 horas. Neste segundo debate, que tería lugar o venres, día 2 de setembro, o candidato terá dez minutos para pedir o respaldo da Cámara, e os representantes dos grupos parlamentarios dispoñerán de cinco minutos. Nesta votación, o candidato será investido presidente se obtén maioría simple, máis votos a favor que en contra.
A data de hoxe o PP segue aspirando á investidura de Mariano Rajoy a próxima semana. E aspira tamén chegar a ese debate con 170 votos favorables: os seus, os de Cidadáns e o de Coalición Canaria.
Niso está a traballar o noso equipo negociador e co obxectivo principal de que haxa "un goberno funcionando e non un goberno en funcións" ocupando o banco azul.
España necesita un Goberno xa porque é unha gran anomalía o estar en funcións durante oito meses e poque precisamos seguir crecendo e creando emprego.
Os españois pídennos altura de miras e sentido de Estado e por iso o PSOE debe pasar á asbtención xa que de non cambiar a súa posición non é posible que a investidura poida saír adiante.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Os españois pídennos altura de miras e sentido de Estado e por iso o PSOE debe pasar á asbtención xa que de non cambiar a súa posición non é posible que a investidura poida saír adiante.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta