Alfonso Alonso candidato a lehendakari do Partido Popular

Esta mañá coñecemos que o deputado nacional, presidente do PP vasco e ministro de Sanidade en funcións, Alfonso Alonso Aranegui, será o candidato a lehendakari do Partido Popular nas próximas eleccións ao Parlamento Vasco do 25 de setembro, 

Alonso tras agradecer o apoio dos seus compañeiros de partido apostou  por defender para Euskadi "un proxecto de moderación, convivencia e creación de emprego, de estabilidade e integración en España e Europa". 

Quero felicitar a Alfonso por asumir este novo reto político de enorme importancia e desexarlle a mesma sorte que el nos deu nas pasadas eleccións xerais do 26 de xuño. 

Estivo connosco en Ourense, o 21 de xuño,  e nun almorzo coa Xunta Directiva do PP de Ou, mostrouse totalmente seguro de que obteriamos o terceiro deputado e que Ana Vázquez volvería ao Congreso. E acertou.

Estou seguro que a súa candidatura obterá un gran apoio electoral no País Vasco. Meréceo. 

Parabéns.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.