sábado, 30 de julio de 2016

A banca española supera sen problemas as probas de tensión de capital

Acabamos de coñecer a publicación pola Autoridade Bancaria Europea (EBA) os resultados das probas de resistencia de 51 entidades que representan aproximadamente o 70% dos activos do sector bancario da Unión Europea. 

A proba achega un marco homoxéneo que permite avaliar a resistencia dos grandes bancos europeos ante una hipotética deterioración das condicións macroeconómicas e de mercado e introduce uns niveis de transparencia esenciais para fomentar a disciplina.

As probas de resistencia foron realizadas polas entidades participantes e as Autoridades Competentes, en cooperación coa EBA. No caso das entidades da zona do euro, o exercicio foi coordinado polo BCE, en colaboración coas Autoridades Nacionais Competentes integrantes do Mecanismo Único de supervisión.

O exercicio inclúe 37 entidades significativas da zona euro que son supervisadas directamente polo BCE.

A diferenza da evaluación global de 2014 na que participaron todos os grupos bancarios significativos españois  cuxa supervisión foi asumida polo BCE a partir de novembro de 2014, neste exercicio participaron os seis maiores grupos bancarios españois  (Santander, BBVA, BFA Bankia, Caixa, Popular e Sabadell). 

Os resultados na proba das entidades españolas mostran un grao de resistencia apreciable, superando con folgura os requirimentos de capital utilizados como referencia en probas de resistencia anteriores. 

As cifras anteriores non incorporan ningunha medida de recapitalización cuxa adopción fose posterior ao 31 de decembro 2015, como é o caso da recente ampliación  de capital do Banco Popular. 

Valoro o resultado destas probas como un gran éxito para o noso sistema financeiro e é a consecuencia  de que os bancos españois enfrontáronse a un proceso de saneamento extraordinario en 2012 e agora están recibindo os resultados. 

Parabéns.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta