jueves, 9 de junio de 2016

Xornada sobre o investimento en enxeñería

Con motivo das eleccións xerais ao Congreso dos Deputados e ao Senado do próximo 26 de xuño, e organizado polas  Asociacións Empresariais de Empresas de Enxeñería das Comunidades Autónomas de Galicia, Castela e León, Aragón, Cataluña e Andalucía, intervín en nome do Partido Popular nunha xornada de debate á que asistiron tamén José Luis Cachafeiro Rey do Partido Socialista Obreiro Español, Sergio Pascual de Unidos-Podemos e Jose Luís Oliveros de Cidadáns. 

Os organizadores reflexionaron sobre a idea de que un país que non pensa, non ten futuro; e que a enxeñería debe ser considerada como un sector estratéxico para o desenvolvemento da sociedade e da economía española.   

Expuxen as liñas básicas do noso programa electoral nesta materia e situeime respecto de tres cuestiones que nos propuxeron: 

1. O investimento en enxeñería. 

2. A metodoloxía para a súa contratación evitando a predominancia do criterio do importe económico xa que conduce a unha enxeñería de mala calidade. Directiva Europea 24/2014.

 3. A competencia das empresas públicas.   

Xornada que se desenvolveu na sede do Insituto de la Ingeniería de España en Madrid e que tivo moito interese finalizando despois dun debate cos asistentes