jueves, 2 de junio de 2016

O paro rexistrado baixa de catro millóns por primeira vez desde agosto de 2010

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2016.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en maio en relación co mes anterior en 714 persoas, un -  2,78 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 1.431 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 5,41 %. 

O numero de parados queda en 25.009, deles 11.441 son homes e 13.568 mulleres, 23.591 son maiores de 25 anos e 1.418 menores.

Por sectores, 1.307 son da agricultura, 3.255 da industria, 2.861 da construción, 15.319 nos servizos e 2.267 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en maio en 7.689 persoas con respecto a abril (un – 3,37 %) a maior redución desde os inicios da crise económica nun mes de maio, en concreto, desde o ano 2007..  O numero de parados queda en 220.464, deles 100.142 son homes e 120.322 mulleres, 209.167 son maiores de 25 anos e 11.297 menores.

Por sectores, 8.265 son da agricultura, 26.442 da industria, 25.658 da construción, 141.822 nos servizos e 18.277 do colectivo sen emprego anterior.

Se reduciu nas catro provincias e nas sete grandes cidades con respecto ao mes pasado e comparado con hai un ano. En concreto, a provincia onde máis baixou foi na Coruña (-7,90%), seguida de Pontevedra (-7,10%), Ourense (-5,41%) e Lugo (-4,49%). Nas sete grandes cidades reduciuse de media nun -7%.

Ademais, houbo menos desemprego en todos os sectores: a construción lidera a baixada con respecto ao ano pasado (-13,37%) seguida da industria (-12,74%). Tamén diminuíu o paro tanto en homes e mulleres como en todos os grupos de idade.
A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 16.517  persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 6,97 %. 

Galicia leva 31 meses consecutivos de baixada interanual o que coloca á Comunidade a niveis de paro inferiores aos de hai 6 anos, tal e como o reflicten os datos. 
España:
O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en maio en 119.768 persoas (- 2,99 %). Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.891.403 e baixa dos 4 millóns por primeira vez desde agosto de 2010.

O descenso do número de parados do mes de maio é o máis acusado no devandito mes, de toda a serie histórica.

En termos desestacionalizados, o paro redúcese en 43.966 persoas no mes de maio. É tamén a maior redución de toda a serie nun mes de maio. A variación mensual do paro desestacionalizado reduciuse en 36 dos últimos 37 meses.

Nos últimos 12 meses o paro diminuíu en 323.628 persoas. O ritmo interanual de redución do paro rexistrado situouse en maio en 7,68%.

O paro entre os mozos menores de 25 anos no último ano diminuíu en 45.853 persoas. Desta forma, o desemprego xuvenil redúcese un 12,4% en termos interanuais, por encima da media xeral do 7,7%.

O paro rexistrado baixa en todas as comunidades autónomas, entre as que destacan Andalucía (-21.388), Cataluña (-15.918) e Madrid (-12.637).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores o paro rexistrado redúcese en todos eles. No Sector Servizos en 78.406 persoas (-2,95%), en Construción en 15.149 (-3,57%), en Agricultura en 12.060 (-6,02%), e en Industria en 9.477 (-2,52%). Por último o colectivo Sen Emprego Anterior descende en 4.676 persoas (1,33%).

A contratación indefinida aumenta case un 17%. O número de contratos rexistrados durante o mes de maio foi de 1.748.449, o que supón un aumento de 175.156 (11,13%) respecto ao mesmo mes de 2015.

En maio rexistráronse 145.760 contratos de traballo de carácter indefinido, o que representa un incremento de 21.155 (16,98%) sobre igual mes do ano anterior.

A contratación indefinida a tempo completo crece interanualmente un 17,71% e é a modalidade que máis aumenta.