No inicio da campaña electoral do 26 X

A última hora de onte os partidos políticos de Ourense acudimos ao céntrico parque de San Lázaro, para de forma simbólica dar inicio á campaña electoral.

Nesta ocasión o Partido Popular, non  pegou carteis, xa que por razóns de economía e ecoloxía, prescindiuse deles. No seu lugar os candidatos e cargos do partido utilizamos uns rótulos cos o lema da campaña "A favor", así como esa imaxe nos teléfonos móbiles

Como noutras ocasións foron moitos os militantes e simpatizantes que nos acompañaron nun ambiente de optimismo e respecto.

Comeza pois unha campaña electoral decisiva para o futuro dos españois, moi centrada en ofrecer solucións concretas aos problemas reais dos cidadáns, como o emprego, as pensións ou a educación.

Non queremos unha campaña crispada, pero que si que combateremos a frivolidade de hoxe na política española e apelaremos ao sentido común, a responsabilidade e a madurez da xente.

Pediremos o voto con maior intensidade que nunca. O voto que garante un goberno serio e estable. O PP preséntase para formar goberno e seguir cunha política que funcionou no noso país.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.