Feijóo asume catro responsabilidades: optar á presidencia do partido, gañar o congreso, optar á presidencia da Xunta e sacar unha nova maioría absoluta.

Onte como a maioría dos compromisarios do PP de G de Ourense, asistín no auditorio do Conservatorio de Música a escoitar ao candidato á presidencia do partido  Alberto Núñez Feijoo, na semana previa a celebración do  congreso autonómico que terá lugar en Ourense os próximos días 7 e 8 de maio.

Dixo que “en Ourense non podemos fallar nin baixar dos resultados obtidos en 2012 e desde aquí imos ensinar o que sabemos facer”. Engadiu ser un convencido desta provincia, de “onde imos sacar unha terceira maioría absoluta”.

Feijoó demandou un dobre apoio dos presentes tanto para ser presidente do partido como presidente de Galicia. “Non teño outro obxectivo”, dixo, explicando que asume ata catro responsabilidades como son optar á presidencia do partido, gañar o congreso, optar á presidencia da Xunta e sacar unha nova maioría absoluta.

Se definiu como un político inconformista, leal, “nin feito en laboratorio nin en estudios de televisión”, contrario á política do espectáculo e a frivolidade, destacou que o Partido Popular é o primeiro partido de Galicia “porque gañamos as eleccións e iso lexitímanos para continuar en política”. Pero tamén advertiu que “non partimos con vantaxe e o obxectivo non pode ser outro que alcanzar a maioría absoluta”.

Como balance da súa xestión á fronte do goberno galego, Núñez Feijoó lembrou que “chegamos á Xunta en 2009, a piques de crebar, e hoxe é o momento da recuperación, pero tamén vos convido a unha Galicia distinta en 2020”, anunciando neste sentido que unha das súas principais apostas para os próximos anos será impulsar o sector agroalimentario e forestal da comunidade.

Refiriendose a outros partidos políticos dixo "Hai xente que sabe de todo cando aínda non fixeron nada, na política fai falta humildade", dixo Feijóo, que se definiu como un político "con experiencia, perseveranza e determinación" para levar a cabo un proxecto de país, afastado da "frivolidade e dos candidatos de laboratorio ou de estudio de televisión".

"Quen non pode liderar un partido político non pode gobernar un país. Se cadra non son o candidato máis novo nin experto en redes sociais pero non creo que a política sexa un xogo nin un tuit, Galicia non está para bromas; gobernar non é un faladoiro, é manexar unha nave en época de dificultade", indicou o presidente do PP de G, que encomiou o noso  proxecto por ter unhas ideas "que permanecen por encima das persoas" e criticou aos compañeiros de formación"que se lucraron coa política".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.