Esperanzadoras noticias do sector automobilístico español, na distribución e na fabricación

O pasado martes coñecíase o dato correspondente ao mes de abril referido a matriculacións de turismos e todo terreo. Así as organizacións ANFAC, FACONAUTO e GANVAM infórmannos que unha vez concluído o efecto estacional da Semana Santa que condicionou de maneira notable o mes de marzo pasado, en abril as vendas de coches retornaron á senda do crecemento de dobre díxito, cunhas cifras por encima das 100.000 unidades, en concreto, 100.281, experimentando un crecemento do 21,2%.

En Galicia vendéronse 3.643 unidades, o que supuxo un crecemento do 20,83 %. En Ourense vendéronse 1.210 unidades. Experimentando un crecemento do 27,50 %

No primeiro cuarto do ano 2016, o mercado rexistra un volume de 385.775 unidades o que representa un crecemento do 10,3%, sendo o mellor cuadrimestre desde o ano 2008.

No mesmo período en Galicia vendéronse 13.364 unidades, o que supón un crecemento do 6,60 %.

En Ourense, neste primeiros catro meses, vendéronse 1.571 unidades, o que representa un crecemento do 15,18 %. Destacar que esta porcentaxe de crecemento é a máis importante das catro provincias e  duplica con creces a media galega.

Son uns datos moi alentadores que evidencian a recuperación económica expresada na activación do consumo e que son especialmente importantes nun país que ten unha altísima presenza de plantas de fabricación de coches, unha delas en Vigo.

Un sector do Automóbil  que en 2015  Galicia, medrou en facturación dun 8,2%, ata sumar 8.200 millóns de euros, cifra que representa o 15% do PIB. As exportacións do sector tamén creceron un 5,8% durante o ano pasado, cobren o 71,3% da súa facturación e suman o 31% das exportacións galegas. Ademais que as vendas de coches aumentaron un 12%.

Precisamente onte a industria automobilística recibía a gran noticia de que a compañía francesa Renault, iniciaba un investimento que que terá incidencia nos seus centros produtivos de Valladolid, Palencia e Sevilla, de máis de 600 millóns de euros ata 2020 e permitirá xerar dous mil novos contratos indefinidos, así como a potenciación do novo centro de I+D+i de Valladolid, ao que se incorporarán 150 enxeñeiros. Destes investimentos van beneficiar moitas das empresas auxiliares, algunhas delas radicadas en Ourense.

Resaltaba precisamente onte o presidente do Goberno Mariano Rajoy, nunha visita a unha empresa auxiliar en Guadalajara,  esta aposta investidora pon de manifesto a alta competitividade do sector automobilístico no noso país, un sector no que o desenvolvemento e a innovación xogan un papel fundamental e que está a contribuír a impulsar a recuperación do noso país e a crear emprego. 

E engadiu que é unha nova demostración da confianza que continúan xerando as reformas do Goberno entre os grandes investidores internacionais. E deu o dato de que o pasado ano, o investimento estranxeiro produtivo creceu un 11% e supera os 21.700 millóns. Este dato apunta á consolidación do cambio de tendencia iniciado en 2013 cara á recuperación do investimento produtivo estranxeiro.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.