En Galisenior, Salón Internacional das Persoas Maiores

No stand da Fundación San Rosendo
Acudo hoxe a Expourense para asistir ao acto inaugural da 10ª edición de Galisenior, Salón Internacional das Persoas Maiores, que se celebrara desde hoxe e ata mañá 26 de maio. 

Un acto que  contou coa presenza do Director Xeral do IMSERSO, César Antón Beltrán, que durante a súa intervención destacou que “un dos aspectos máis importantes do envellecemento é a participación e a involucración dos nosos maiores en todos os ámbitos da nosa sociedade, xa qué é unha conquista de toda a sociedade española ter aumentado tan notablemente a esperanza de vida”. Tamén remarcou a necesidade de que todas as administracións se adapten aos cambios poboacionais facilitando así o fomento de novas redes de protección para as familias con persoas dependentes.

Neste acto estivo acompañado pola Delegada Territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, o Alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez Abad, o Vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o presidente do Comité asesor de Galisenior 2016 e Coordinador das Aulas de Maiores do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Alberto Vaquero, así como outras autoridades locais e membros do comité asesor de Galisenior. 

De carácter bienal, Galisenior é a única feira destas características que se celebra no noroeste peninsular e que está especialmente dirixida a un núcleo de poboación que representa o 24% da demografía galega e o 31% no caso da provincia de Ourense. Este salón sirve de plataforma para promover as accións que se están a levar a cabo en Galicia, destinadas a reducir o impacto da dependencia na calidade de vida, tanto de quen a padece como do que exerce de coidador. Galisenior xira sobre tres eixos principais: a área expositiva, as xornadas técnicas profesionais e o programa de actividades para os propios maiores, nas que se prevé que participen activamente centos de persoas procedentes de distintos puntos de Galicia e de Portugal.

Participan en Galisenior un total de 50 expositores. A nivel institucional están representados tanto o IMSERSO, como a Consellería de Política Social, a Deputación Provincial e o Concello de Ourense, a través da Concellería de Asuntos Sociais. Todos aproveitan a súa presenza no salón para dar a coñecer as políticas sociais que están a poñer en marcha e para comunicarlle ós maiores, as familias e ós profesionais que traballan con eles, todos aqueles servizos dos que poden beneficiarse. Outras entidades como colexios profesionais e asociacións, organizarán distintas actividades ó tempo que contarán cun stand dende o que presentar as súas finalidades, destinadas a mellorar a calidade de vida dos maiores especialmente cun enfoque preventivo.

Empresas provedoras de produtos e servizos especializados (apoios técnicos, oferta residencial, servicios sociosanitarios, psico-eduación, neurorehabilitación, balnearios e turismo senior, entre outros) completan a exposición e realizan tamén propostas prácticas para fomentar un avellantamento activo e saudable.

XORNADAS TÉCNICAS PROFESIONAIS

Tamén están programadas Xornadas Técnicas, que se desenvolven de forma paralela á feira e están dirixidas a todos os profesionais do sector e a futuros traballadores con este colectivo cun alcance multidiscilplinar. Participarán cerca de 40 relatores de España e Portugal. 

Especializadas na prevención de situacións de fraxilidade nas persoas maiores, estas xornadas tocarán outros temas como a promoción da autonomía baseada nas novas tecnoloxías, experiencias na promoción do avellantamento activo e saudable, ou recomendacións nutricionais. Tamén se presentarán programas da Universidade destinados a terceira idade e estudos como resultado da investigación universitaria en distintos campus de Galicia e Norte de Portugal. O enfoque práctico será aportado por un obradoiro sobre movilización de persoas con problemas neurolóxicos.

ACTIVIDADES PARA MAIORES

Na Área de participación activa, Galisenior presenta toda unha oferta, con máis de 50 actividades diferentes, que convidan a participar a quen o visite, tanto as propias personas maiores coma as súas familias e aqueles que traballan con eles, tanto de xeito formal como informal. O programa está orientado a fomentar a adopción de hábitos saudables e preventivos, así como a introducir aos visitantes en novas fórmulas de lecer activo ou ampliar os seus coñecementos sobre novas tecnoloxías de reforzar as súas habilidades sociais.

Entre as novidades destacan as actividades relacionadas coa planificación financiera, obradoiros prácticos de nutrición, ou terapias asistidas con animais. 

Estas actividades e obradoiros están centrados nas principais necesidades dos maiores de Galicia, dirixidas a estimulación física, cognitiva e sensorial. Igual que na pasada  edición este ano volverase a celebrar o Concurso de Cociña Saudable, aberto aos afeccionados maiores de 60 anos. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.