Coñecemos hoxe una excelente nova, que é que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda adxudicou o contrato para a redacción do proxecto de construción da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, no treito entre a autoestrada e a N-525, por un importe de 233.530 euros.
A empresa adxudicataria é a UTE G.O.C S.A- TRN Ingeniería y Planificación de Infraestructuras S.A.U e o prazo de execución previsto é de 8 meses.
O Goberno galego conta coa correspondente partida orzamentaria en 2016 para esta infraestrutura, ao tempo que se reservan os fondos necesarios para executala nos orzamentos futuros. Ademais, os esforzos do Executivo autonómico lograron a disposición de 15 millóns de euros de fondos FEDER, do período operativo 2014-2020, para garantir a execución desta conexión.
Primeiramente, traballouse para acadar a alternativa máis viable e máis axeitada, un trazado que compaxinase a menor afección posible aos terreos, edificacións e infraestruturas xa existentes cos requirimentos técnicos que ten unha vía destas características. Así, deseñouse unha nova conexión que comeza no enlace de Gargantós da A-52, onde se conecta a propia autovía co viario local e a autovía AG-31 (Ourense-Celanova); e que discorre ata a N-525, ao sur do acceso ao polígono industrial.
A vía, que contará con 4,5 quilómetros de lonxitude e percorre os termos municipais de San Cibrao das Viñas e de Taboadela, reduce o percorrido de conexión coa autovía en aproximadamente nun 66%, ao pasar de 11 a 4,5 quilómetros; e, paralelamente adicionalmente, mellora a conectividade coa autovía de Celanova.
O polígono de San Cibrao das Viñas conta con 5 millóns de metros cadrados de superficie; con máis de 300 empresas instaladas; e dá emprego a preto de 8.000 persoas. Trátase dun motor económico para toda a provincia que precisa das boas conexións coa rede viaria de alta capacidade para incrementar a súa eficacia na distribución de materias e mercadorías e xerar maior actividade.
Coas actuacións proxectadas preténdese impulsar unha conexión estratéxica que atenderá a demanda empresarial e cidadá, favorecerá a mobilidade e os desprazamentos nesta área industrial e ofrecerá novas facilidades para que as industriais alí asentadas poidan medrar.
Celebro moitísimo esta adxudicación, e felicito á Asociación de Empresarios deste polígono- que remata de celebrar os seus primeiros cincuenta anos de vida - e que leva moitos anos reivindicando esta infraestrutura que suporá novas oportunidades para que este espazo industrial se converta en polo de atracción de novos investimentos na provincia de Ourense e de toda Galicia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta