Sobre a urbanización dos novos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Un excelente exemplo de cooperación entre administracións -  Xunta,  Concello de Ourense e Deputación de Ourense  - tivo lugar hoxe en Ourense coa visita dos conselleiros de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, á zona no que se realizarán as obras de urbanización dos novos accesos ao lateral este do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Visita na que participou o alcalde Jesús Vázquez e o presidente da Deputación Manuel Baltar. Se trata da realización de dúas novas vías que conectan as rúas Nosa Señora da Saínza e Cruceiro Quebrado e permitirá o acceso á zona ampliada do CHUO. As obras financiaranse gracias a este acordo entre administracións, cun orzamento superior a 1,5 millóns de euros, e a superficie total da actuación será 4.050 m². A Deputación achega preto dun millón de euros (949.614 €). As actuacións se limitan aos viais de titularidade pública indicados no planeamento municipal polo que se están a realizar sen expropiacións.

A actuación, licitada hai uns días, iniciarase no verán de 2016 e ten un prazo de execución de cinco meses.
Ampliación do CHUO
O orzamento da obra de ampliación do hospital é de 41 millóns de euros. O edificio terá sete plantas e contará cun total de 14 unidades: 9 son polivalentes médico-cirúrxicas, 1 de psiquiatría, 1 de paliativos, 1 de oncoloxía e dúas unidades innovadoras, integradas no proxecto H2050. Ocupará unha superficie total construída de 52.000 m2, dos que máis de 24.000 m2 corresponden á área de hospitalización. Isto implica que o Ratio de incremento de superficie do hospital será de máis dun 61 % respecto do actual.

Ourense disporá dun hospital intelixente, que aproveitará o potencial das tecnoloxías da información para mellorar a xestión dos servizos de todos os niveis asistenciais, reducindo esperas, axustando os recursos aos picos de demanda e, en definitiva, mellorando o servizo que se presta ao paciente.
O novo complexo tamén se caracterizará por ser autosostible, é dicir, contará cun equipamento enerxético que lle permitirá autoxerar parte da enerxía que precisa e consumir o resto da enerxía necesaria a través de fontes renovables e máis eficientes.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.