Hoxe coñecemos que o Produto Interior Bruto (PIB) xerado pola economía española rexistra unha variación do 0,8% no primeiro trimestre de 2016 respecto ao trimestre precedente, segundo a Estimación avance do PIB trimestral do Instituto Nacional de Estatística (INE).
Esta taxa é similar á rexistrada no trimestre anterior.
Este avance supón unha décima máis dos prognósticos realizados tanto polo Goberno en funcións e o Banco de España, segundo o avance de datos da Contabilidade Nacional Trimestral publicado este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Este crecemento do 0,8% iguala os rexistrados nos dous trimestres previos e sitúase dúas décimas por baixo do 1% conseguido entre abril e xuño de 2015, o período no que a actividade creceu a maior ritmo desde que a economía española iniciou a recuperación.
A variación anual do PIB no primeiro trimestre de 2016 é do 3,4%, fronte ao 3,5% do cuarto trimestre do ano anterior.
O INE publicará o próximo 26 de maio as táboas e cadros completos da Contabilidade Nacional Trimestral de España correspondentes ao primeiro trimestre de 2016.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta