Importantes achegas da Xunta de 66 millóns de euros para seguir incrementando as medidas para a conciliación da vida familiar e laboral

Tamén hoxe o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou una excelente nova, que é unha achega de 66 millóns de euros para incrementar as medidas de conciliación da vida familiar e laboral, que dean resposta a tres grandes retos: máis e máis diversos recursos de atención aos nenos para que os seus pais poidan traballar; promover a conciliación en determinados ámbitos, especialmente no ámbito empresarial; e que cada vez haxa unha maior concienciación social que garanta a maior calidade de vida das familias.

Nun primeiro termo, e no ámbito dos recursos, Feijóo afirmou que “se chegará a un total de 22.316 prazas de garderías sostidas con fondos públicos para o próximo curso 2016-2017. “Isto supón 1.871 novas prazas financiadas con fondos públicos, é dicir, un 9% máis de prazas o próximo curso que o curso actual. E, supón tamén que Galicia supere a ratio recomendada pola UE que estaba no 33%, situándonos no 37,3%”, aseverou.
Estas prazas estarán á disposición da poboación a través das escolas infantís de 0 a 3 anos, nas que se inclúen a rede de escolas infantís dependente da Administración autonómica, que oferta 9.700 prazas en 166 centros; as 119 escolas infantís e puntos de atención á infancia de titularidade dos concellos nos que a Xunta contribúe ao seu financiamento; as 424 prazas concertadas en 23 centros privados; e as preto de 2.700 prazas nos 47 centros educativos dependentes de entidades de iniciativa social.
Así mesmo, o titular da Xunta afirmou que se porá tamén en funcionamento o Bono concilia, un programa de axudas económicas directas ás familias para colaborar no pago dunha praza de escola infantil naqueles casos que non a consigan nunha escola ou nun centro financiado con fondos públicos, ou que residan nunha localidade na que non existen prazas públicas. E do que se poderán beneficiar arredor de 2.400 familias.
Feijóo destacou ademais a posta en marcha de novos recursos e liñas de financiamento como o servizo de axuda no fogar infantil e o Bono coidado, as casas niño na contorna rural e escolas infantís en contornos empresariais.
Escolas infantís en contornos empresariais

Sobre este último punto, o responsable da Administración autonómica afirmou que a Xunta convocará subvencións para financiar a construción de escolas infantís en polígonos industriais, que serán xestionadas pola asociación empresarial do polígono. “Financiaremos unha escola infantil de tres unidades -41 prazas- en cada polígono industrial que obteña a subvención”, dixo, ao que engadiu que nos vindeiros anos 2016-2017 se espera financiar a posta en marcha de 7 escolas infantís destas características.


Neste obxectivo de implicar ás empresas na aposta pola conciliación, Feijóo destacou a incorporación de cláusulas sociais en todas as licitacións de contratos da Administración autonómica; “de tal xeito que no caso de empate entre dúas ofertas económicas de empresas que queiran prestar algún tipo de contratación na Xunta, será motivo de desempate se esa empresa ten un plan de fomento de conciliación dentro do seu cadro de persoal”, precisou.
O presidente da Xunta afirmou que con todas estas medidas o obxectivo é que Galicia sexa un lugar mellor para vivir, ter fillos e formar unha familia. E, nesta liña explicou que todas elas forman parte do Programa de apoio á natalidade e máis concretamente á iniciativa PAN Concilia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.