Avances na mellora do saneamento de Velle

Fágome eco hoxe da recente publicación no BOE do pasado 14 de abril, da licitación pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), por importe de 82.975 euros do contrato de redacción do proxecto construtivo para a mellora do saneamento de Velle, en Ourense.

O obxectivo deste traballo é obter a mellor solución ao problema do saneamento existente na zona, concretamente exponse dúas alternativas a estudo, por unha banda, a incorporación das augas residuais do núcleo de Velle ao saneamento xeral e, por outra, a execución dunha infraestrutura de depuración de augas residuais que cubra as necesidades concretas da zona. 

O prazo máximo de redacción do proxecto estímase en 7 meses. A presentación de ofertas é ata as 14,00 horas do próximo 4 de maio de 2016.

Unha actuación que é unha clara expresión da construtiva colaboración entre administracións, neste caso entre a CHMS, organismo autónomo,  que preside Francisco Marín e o Concello de Ourense que preside Jesús Vázquez e que se plasmou neste caso nun protocolo asinado o pasado 29 de xaneiro.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.