sábado, 23 de abril de 2016

Co Partido Popular de Carballeda de Avia

Asisto onte en Carballeda de Avia ao congreso local do Partido Popular. Tiven a oportunidade de saúdar aos militantes e simpatizantes deste concello, algúns vellos coñecidos e esforzados traballadores en moitas campañas electorais.
Foi elixido presidente da xunta local, Marcos Ríos Alén, un home novo, nado en 1980 e que exerce na actualidade de voceiro do PP na corporación de Carballeda, que preside un alcalde do PSOE. 
Lembrar que nas eleccións locais de 2015 obtivemos neste Concello o 32,72 % dos votos e nas recentes xerais o PP acadou o respaldo do 37,32 %
Logo da súa proclamación como novo presidente da xunta local, Marcos Ríos agradeceu o apoio dos seus e do PP ourensán engadindo que se sinte con forza e ilusión para afrontar esta nova etapa, “na que desexo facer o mellor equipo para gañar as próximas eleccións locais e que só dependa de nós formar o mellor goberno para o noso municipio”.
Ríos comprometeuse a defender o interés xeral de todos os veciños, “aplicando o sentido común, sen discriminacións partidistas e demostrando o que unha formación como o Partido Popular pode facer pola riqueza do noso municipio, apoiando ás empresas, aos emprendedores e aos proxectos que poñan en valor os activos do noso entorno”.
Na súa intervención, Baltar afirmou “os gobernos, en calquera nivel institucional, nacen dos partidos e non ao revés, por iso é fundamental que contemos cunha formación sólida, cohesionada e traballadora na que os ourensáns vexan reflectido un goberno de futuro”.

Estou convencido que esta nova Xunta Local, presidida por Marcos Ríos levará nas vindeiras eleccións locais ao Partido Popular a gobernar este fermoso concello do Ribeiro, no que se pode admirar a Serra da Pena Corneira, un dos espazos protexidos máis importantes de Galicia, con imponentes e suxestivas rochas graníticas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta