Premiado o Viaduto do Río Ulla no Eixo Atlántico

O Viaduto (Foto da web do Colexio de Enxeñeiros)
Resaltar que hoxe tivo lugar en Pontevedra a entrega por parte do decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia , Ricardo Babío Arcay á ministra de Fomento, Ana Pastor do  do Premio San Telmo 2015  ao Eixo Atlántico de Alta Velocidade en concreto ao Tramo Viaduto do Río Ulla (A Coruña-Pontevedra). Plataforma.

Un extraordinario viaduto de 240 metros de lonxitude máxima entre pilas, que constitúe un récord mundial de luz (anchura entre pilas) neste tipo de pontes. 

O devandito Colexio concedeu o premio por considerar que é a actuación que máis resalta pola súa calidade técnica, territorial e construtiva e que mellor redunda na mellora da calidade de vida dos habitantes de Galicia, tanto desde o punto de vista ambiental como desde o punto de vista económico.
Na proba de carga

Durante a súa intervención neste acto, a ministra subliñou que o Eixo Atlántico rexistrou desde a súa posta en servizo o 18 de abril do pasado ano 2,4 millóns de viaxeiros.

"Esta infraestrutura vén ser como a espiña dorsal ferroviaria de Galicia: percorre a fachada atlántica mellorando de maneira substancial tanto as conexións como os tempos de viaxe entre as principais cidades, á vez que abriu un novo horizonte de posibilidades tanto no social como no económico", subliñou Pastor.

Lembro que o pasado 13 de abril asistín a proba de carga deste Viaduto do Ulla,que constitúe a actuación de maior importancia do Eixo Atlántico de Alta Velocidade Ferroviaria, e quedei moi impresionado pola magnitude da ponte.

Parabens ao Ministra de Fomento e a Adif Alta Velocidade por este premio.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.