O Balneario de Laias terá unha piscina flotante termal

En días de tensión parlamentaria en Madrid, e hoxe é un de eles, relaxa ler na rede,  boas noticias como que o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinaron está mañá un convenio de colaboración entre a administración provincial e a autonómica para executar o proxecto de construción dunha piscina flotante termal no río Miño, ao carón do balneario de Laias (Cenlle), que potenciará a oferta termal na provincia de Ourense. O acordo contempla a construción nun prazo de catro meses da dita infraestrutura termal, na que se investirán por parte da Axencia de Turismo de Galicia 200.000 euros.

Trátase dunha actuación que figura na liña estratéxica de “Infraestruturas termais” do Plan “Ourense, a provincia termal. A piscina sitúase dentro do denominado Dominio Público Hidráulico, ocupando unha superficie de 657 metros cadrados, dos cales 550 metros cadrados corresponden á plataforma e á piscina flotantes, situadas na beira do río Miño, e 107 metros cadrados, á pasarela de conexión entre a piscina e o balneario

Manuel Baltar remarcou que o termalismo “é un dos produtos turísticos de maior especialización na nosa provincia e un dos que que achega unha maior singularidade á oferta relacionada con ocio e saúde, ao redor da cal estrutúranse unha serie de servizos innovadores e de establecementos balnearios que aportan calidade e valor ao turismo da provincia de Ourense”.

Afirmou que a planificación “é básica para acadar os obxectivos propostos no plan, que deberá estar rematado no horizonte de 2020 coa finalización do período de fondos comunitarios". Baltar considera que a “aposta firme” polo termalismo “danos visibilidade internacional e fai posible que, por exemplo, programas como o de “Termalismo saúdable” enlace Ourense con 40 provincias de España, coa posibilidade de obter on line e en menos de 5 minutos a confirmación da reserva de praza para estancias nos balnearios da nosa provincia”.

Pola súa parte a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, lembrou que a través deste programa específico que persegue o reforzamento do sector turístico termal da provincia, coa visión de consolidar e fortalecer o posicionamento da Comunidade galega como destino de termalismo, Turismo de Galicia xa destinou un investimento de máis de 5 millóns de euros para o desenvolvemento de distintos proxectos.

Así, entre as actuacións nas que xa participou o departamento da Xunta, salientan o balneario de Cortegada, o incremento da capacidade da oferta de aloxamento en Verín mediante a conversión da acrópole de Monterrei en parador, a creación de novas rutas turísticas como a Ecovía fluvial do Támega, a Ruta da auga de Verín ou a Ruta do río Caldo, o Club de Produto da auga ou o proxecto de sinalización das vilas termais.

Parabens as duas administracions por esta feliz iniciativa.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.