jueves, 10 de marzo de 2016

En 2015 Galicia acada un novo récord histórico de exportacións

Destacar una excelente nova dada a coñecer onte polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóodurante a apertura do II Foro de Internacionalización da Economía galega, de que Galicia bateu en 2015 récords de exportacións, de empresas exportadoras e de países aos que exportou. 

Feijóo precisou que o pasado ano as exportacións acadaron os 18.831 millóns de euros e creceron un 5,6% desde o ano 2014. Dato que, segundo explicou, colle máis peso cando se compara coas cifras de 2009, “xa que hoxe vendemos ao exterior un 35% máis que ao inicio da crise económica”.

Así mesmo, salientou que o saldo da balanza comercial da Comunidade creceu un 9,2% no ano 2015, o que converte Galicia na terceira autonomía coa mellor balanza comercial absoluta. “E, a robustez da nosa economía é tal que as nosas exportacións cobren o 124% das nosas importacións. Isto sitúa a nosa taxa de cobertura 33 puntos por riba da media española”, engadiu Feijóo.
No tocante ao número de empresas, subliñou que en 2015, o número de empresas exportadoras ascendeu a 6.335. E, destas, case 2.300 son exportadoras regulares, o que supón un récord histórico, xa que máis do 35 % das empresas que exportaron en 2015 fixérono con frecuencia nos últimos catro anos.
Nesta mesma liña, Feijóo explicou que as empresas galegas se están expandido non só cara ás potencias económicas tradicionais, senón tamén cada vez máis cara aos mercados emerxentes. “Hoxe exportan a China un 101% máis, e aos países de Oceanía un 109% máis. E o número de empresas galegas que traballan nos mercados europeos creceu un 7,8%, nos mercados asiáticos un 59 %, nos americanos un 49% e nos africanos un 36%”, dixo, logo de incidir na utilidade das plataformas Pexga para as medianas e pequenas empresas, “xa que naqueles países onde existe unha oficina deste tipo –precisou-, as empresas aumentaron as exportacións un 67 %”.
Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta reiterou o compromiso do Goberno galego co tecido produtivo galego, lembrando que con esta finalidade se elaborou a Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020.
Sobre este punto, Feijóo salientou que esta iniciativa marca tres retos principais: incrementar o peso das exportacións sobre o PIB galego, do 33% que se rexistrou ao 40%; aumentar un 25% o investimento estranxeiro en Galicia; e, conseguir que se convertan en exportadoras un 25% de empresas máis, ata acadar as 8.000. “E hoxe podemos confirmar que estamos a cumprir os obxectivos e que imos seguir traballando nesta estratexia”, abundou.
O responsable autonómico precisou que, un ano despois de poñerse en marcha, esta estratexia permitiu fomentar a cultura da internacionalización, financiando 190 empregos dentro dos departamentos comerciais das empresas, e facilitando formación en idiomas a uns 50 directivos, que serán 100 máis ao longo deste ano.
“Apoiamos ademais máis de 1.000 empresas que puideron iniciar ou reforzar a súa presenza internacional. E seguiremos traballando para consolidar a imaxe de Galicia no exterior: potenciando a rede Pexga, a política de prezos de solo industrial e o ámbito da innovación, co obxectivo de atraer investimento estranxeiro, como estamos a facer en Rozas onde dúas empresas acaban de comprometer un investimento de 75 millóns para avións non tripulados e que se suman aos 40 millóns de diñeiro público”, engadiu.
Feijóo concluíu destacando que os récords históricos acadados en 2013, 2014 e 2015 son froito do traballo conxunto entre a Administración e o tecido produtivo galego. “E desde o Goberno galego seguiremos a traballar para achegar un marco institucional estable para que Galicia siga crecendo”, sentenciou.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta