Inexplicable cesión de senadores socialistas ás forzas que defenden a independencia sen respeto a legalidade vixente

Hoxe na sede do PP de Ourense tivo lugar una rolda de prensa do presidente provincial Manuel Baltar, na que interviron os senadores da provincia, Miri Barreira, Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Juan Manuel Jiménez.

Miri Barreira, cualificou como un sinsentido a cesión polo PSOE de catro senadores a Esquerra Republicana  e Democracia i Llibertadt que están a defender a independencia  para que teñan grupo parlamentario propio, portavoz propio e subvención propia.

Argumentou que  nun momento de incerteza non ten explicación que o actual o líder dos socialistas Pedro Sánchez deixa sen representación a miles de votantes do PSOE para crear un altofalante que só beneficiará a quen desafían as institucións.

Fronte a este “mal xesto”, dixo, o PP ten moi claros os seus principios e prioridades, “respectando o apoio dos nosos votantes, buscando un gran acordo para un goberno estable e seguir traballando polas prioridades do país, que tamén son a desta provincia, como é a recuperación económica, a creación de emprego, o apoio ás empresas e a mellora do benestar”.

Manuel Baltar defendeu a coherencia da formación popular, que lembrou foi a segunda de toda España en apoio porcentual ao PP, “pois ratificamos o compromiso que adquirimos coas nosas candidaturas, tanto ao Senado como ao Congreso”.

Con todo, criticou, o PSOE demostrou xogar coas cartas escondidas, cualificando como suicida a cesión de senadores a outras forzas, en particular independentistas, “máxime cando estamos a falar da unidade de España e dun momento no que se precisa estabilidade”.

Baltar preguntouse cal é a representación que queda ao PSOE en Galicia, pois o senador por Lugo, Ricardo Varela, foi cedido a Democracia i Llibertat, o partido de Artur Mas,  e o de Ourense, Luís García Mañá, “que saibamos ata o momento non pertence á formación socialista pois ía como independente”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.