sábado, 2 de enero de 2016

Disfrutando do Concerto de Ano Novo da Filarmónica de Viena

Onte comezou un novo ano co benestar que produce ver e escoitar -no meu caso por televisión - a espectacular sala dourada Musikverein vienesa á Filarmónica de Viena dando a benvida ao 2016 no tradicional Concerto de Ano Novo, que nesta ocasión maxistralmente drigió o mestre letón Mariss Jansons

Vals, polcas rápidas e marchas dos Strauss combináronse con outras obras que soaron por primeira vez. Unha delas gustoume especialmente, en concreto o vals titulado "Raparigas de Viena" de Carl Michael Ziehrer que foi exquisitamente asubiada pola orquestra e o propio director.

E a maiores destacar a excelencia interpretativa dos solistas do Ballet da Ópera de Viena - vestidos de maneira imopecable- danzando nos xardíns do Palacio de Verán de Schönbrunn.

E  todo iso magníficamente presentado pola televisión pública austríaca ORF que nos mostraba imaxes preciosas de parques, riós, montañas, palacios, pobos e un longo etcétera dese gran país que é Austria.

En fin, unha excelente maneira de comezar 2016.