jueves, 17 de diciembre de 2015

Eleccións Xerais 2015: ¿Que fixemos en materia enerxética?

Continuando coa campaña informativa do Partido Popular: "30 Días, 30 Respostas", hoxe respóndese a seguinte pregunta:

¿Que fixemos en materia enerxética?

O PSOE, enredado en subvencións, primas ás renovables, e outras peaxes que logo pagamos os consumidores, incrementou o recibo da luz case un 70% no período 2004-2011. Os españois pagabamos a luz moi por encima da media europea e, o que é peor, co sistema de custos fixos establecido polo PSOE a dinámica de subida de prezos só podía seguir encarecendo a factura.

Como consecuencia disto, o Goberno do Partido Popular recibiu o Sistema Eléctrico ao bordo do colapso económico e financeiro, cun déficit de tarifa (diferenza entre custos e ingresos) contabilizado de máis de 27.000 M€,  que aumentaba cada ano a un ritmo de máis de 5.000 M€ e que, de non tomar ningunha medida,  supuxese unha subida da tarifa eléctrica en máis dun 40% a todos os cidadáns. 

O resultado dos altos custos enerxéticos era unha factura inasumible para moitas familias golpeadas pola crise (ás que o PP axudou creando a figura do consumidor vulnerable que actualmente está equiparado á percepción do bono social) e unha perda de competitividade da nosa industria que contribuíu ao peche de máis de 177.000 empresas entre 2007 e 2011. 

Fronte a esta dinámica, a factura eléctrica dun consumidor doméstico baixou un -9%, no período 2012-2014. 

A profunda reforma eléctrica levada a cabo polo Goberno do Partido Popular foi encamiñada a lograr catro obxectivos principais:

1. Incrementar a competencia como forma de reducir o prezo aos consumidores; 
2. Atacar o problema do déficit de tarifa xerado polo PSOE;
3. Reducir a nosa vulnerabilidade enerxética, reforzando as interconexións eléctricas e mellorando a eficiencia; 
4. Favorecer un mix enerxético adecuado na produción de electricidade que permita dispoñer dun sistema estable e sustentable, con todas as tecnoloxías dispoñibles. Con este fin, adaptáronse as retribucións das actividades reguladas do sistema eléctrico, garantindo unha rendibilidade razoable para as instalacións renovables, de coxeneración e de residuos e unha retribución adecuada para o resto de actividades reguladas (fixouse un 7.5% fronte a rendibilidades superiores ao 25% fixadas polo PSOE).

Aprobamos un novo sistema de Prezos Voluntarios para o Pequeno Consumidor -PVPC- que permitiu abaratar o custo da electricidade. Como resultado, en 2014, as compañías eléctricas devolveron por primeira vez, máis 400 millóns de euros aos pequenos consumidores para compensar o exceso facturado.

RETOS A FUTURO

- O prezo da enerxía incide directamente no benestar das familias e na competitividade das empresas, polo que é importante abaratar a factura eléctrica conxelando a parte regulada que depende do Goberno e reducindo os impostos sobre a xeración eléctrica.

- Temos que compatibilizar a sustentabilidade enerxética (incorporando no mix enerxético instalacións renovables mediante poxas competitivas, especialmente daquelas tecnoloxías con maior índice de creación de emprego e desenvolvemento industrial) coa sustentabilidade financeira do sector.

- O impulso á eficiencia enerxética tamén contribúe á sustentabilidade ambiental.

- Temos que seguir impulsando as interconexións eléctricas e gasista co resto de Europa co compromiso de chegar ao 10% en 2020.

https://www.youtube.com/watch?v=wEVXheCQfHo

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta