Chegou o esperado día.
Hoxe os colexios electorais abriron con normalidade en toda
España e a xornada de votación nas eleccións xerais comezou sen incidentes ás
9.00 horas da mañá, na que 36.510.952 españois (34.635.680 deles residentes en
España e 1.875.272 no estranxeiro) chamados ás urnas elixirán a 350 deputados e
208 senadores para a próxima lexislatura.
O censo de votantes rexistra un aumento de 731.744 persoas
respecto das celebradas o 20 de novembro de 2011.
Por vez primeira votarán nunhas xerais 1.583.560 mozos que
cumpriron a maioría de idade desde as celebradas fai catro anos.
Se a comparación é coas últimas eleccións de ámbito nacional
celebradas en España, as municipais do pasado mes de maio, son 223.061 os
electores que desde entón alcanzaron a maioría de idade.
Ás 9,45 horas exercín o dereito a voto na miña mesa electoral,
situada no Colexio Público Curros Enríquez de Ourense.
E agora toca esperar has que sobre as 22.30 horas existan xa
datos xa moi cercados ao resultado final dos comicios.
Recibirá resposta
Recibirá resposta