sábado, 26 de diciembre de 2015

Mensaxe de Nadal da Súa Maxestade o Rei: "Debemos desterrar os enfrontamentos e os rancores; e substituír o egoísmo pola xenerosidade, o pesimismo pola esperanza, o desamparo pola solidariedade"

Como moitos españois, o pasado día 24 seguín por televisión a Mensaxe de Nadal da Súa Maxestade o Rei Felipe VI .

Un discurso pronunciado dende o Palacio Real, onde a Coroa celebra actos de Estado que é un símbolo da nosa Historia  e que está aberto a todos os cidadáns.

Deste magnífico discurso resalto estos párrafos:

“Creo sinceramente que hoxe vivimos tempos nos que é máis necesario que nunca recoñecernos en todo o que nos une. É necesario poñer en valor o que construímos xuntos ao longo dos anos con moitos e grandes sacrificios, tamén con xenerosidade e enorme entrega. É necesario enxalzar todo o que somos, o que nos fai ser e sentirnos españois”

“No meu discurso de proclamación manifestei que na España constitucional caben todos os sentimentos e sensibilidades, caben as distintas formas de sentirse español; de ser e de sentirse parte dunha mesma comunidade política e social, dunha mesma realidade histórica, actual e de futuro, como a que representa a nosa nación. “

“ E é, tamén, un grande Estado, cuxa solidez se basea hoxe nuns mesmos valores constitucionais que compartimos e nunhas regras comúns de convivencia que nos demos e que nos unen; un Estado que recoñece a nosa diversidade no autogoberno das nosas nacionalidades e rexións; e que ten no respecto á vontade democrática de todos os españois, expresada a través da Lei, o fundamento da nosa vida en liberdade". 

“Porque agora, o que nos debe importar a todos, ante todo, é España e o interese xeral dos españois

“A pluralidade política, expresada nas urnas, achega sen dúbida sensibilidades, visións e perspectivas diferentes; e leva consigo unha forma de exercer a política baseada no diálogo, a concertación e o compromiso, coa finalidade de tomar as mellores decisións que resolvan os problemas dos cidadáns. España comeza unha nova lexislatura que require todos os esforzos, todas as enerxías, todas as vontades das nosas institucións democráticas, para asegurar e consolidar o conseguido ao longo das últimas décadas e adecuar o noso progreso político á realidade da sociedade española de hoxe”.

“Tampouco debemos esquecer que a ruptura da Lei, a imposición dunha idea ou dun proxecto duns sobre a vontade dos demais españois, só nos conduciu na nosa Historia á decadencia, ao empobrecemento e ao illamento. Ese é un erro do noso pasado que non debemos volver cometer. O noso camiño é xa, de xeito irrenunciable, o do entendemento, a convivencia e a concordia en democracia e liberdade. Por iso, respectar a nosa orde constitucional é defender a convivencia democrática aprobada por todo o pobo español; é defender os dereitos e liberdades de todos os cidadáns; é tamén defender a nosa diversidade cultural e territorial.”

“Por iso, esta noite quero reiterar unha mensaxe de serenidade, de tranquilidade e confianza na unidade e continuidade de España; unha mensaxe de seguridade na primacía e a defensa da nosa Constitución. “

“Por outro lado, a mellora da economía é unha prioridade para todos. Creo que todas as institucións temos un deber coa cidadanía, coas familias e especialmente cos máis novos, para que poidan recuperar o que nunca se debe perder: a tranquilidade e a estabilidade coas que afrontar o futuro e a ilusión por un proxecto de vida cara ao mañá.”

 “Todos sentimos a indignación e o horror ante os atentados que custaron a vida a compatriotas nosos, ante os crimes de París e doutros lugares do mundo, que son auténticos ataques ao noso modelo de convivencia e aos máis elementais valores humanos. E todos nos conmovemos ante o drama dos refuxiados que chegan ás nosas fronteiras fuxindo da guerra, ou o dos emigrantes angustiados e acosados pola pobreza. Ante estes desafíos, e outros moitos como o da loita contra o cambio climático, é necesario que a voz de España se faga oír na Unión Europea e nas institucións internacionais en todo aquilo que afecta as nosas conviccións e os nosos intereses vitais.”

“Debemos desterrar os enfrontamentos e os rancores; e substituír o egoísmo pola xenerosidade, o pesimismo pola esperanza, o desamparo pola solidariedade. Teñamos fe e creamos no noso país. España ten unha resistencia á adversidade, unha capacidade de superación e unha forza interior moito maior do que ás veces pensamos. A fortaleza de España está en nós mesmos; está na nosa coraxe, no noso carácter e no noso talento.”

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta