Entrevista en "La Ventana " de Radio Ourense-Cadena Ser

Acudo onte a Radio Ourense da Cadena Ser para participar no programa “La Ventana”, que se emite de luns a venres entre as 19:20 e as 19:40, co resúmen das noticias da xornada ademais de entrevistas e temas de máxima actualidade.

Neste caso, o xornalista Álvaro Rodriguez convidoume do mesmo xeito que a ex-deputada socialista Laura Seara a participar nunha entrevista-debate sobre o balance da presente lexislatura.

Resumindo a miña intervención dixen era imprescindible lembrar que tras as eleccións xerais, o Goberno de Rajoy atopouse cun monumental déficit encuberto nas contas públicas; os ingresos fiscais derrubados, e cun risco certo de quebra e coa ameaza do rescate. Por outra parte o país estaba en recesión é as cifras de paro rexistrado a finais de decembro de 2011 eran moi elevadas: en Ourense 28.217 persoas, en Galicia 258.324 e no conxunto de España 4.422.359.

Dixen que tivemos que tomar decisións difíciles e mesmo impopulares para frear esa sangría e evitar a intervención. Tratábase de asegurar que os pensionistas cobraran as pensións, pagar as prestacións dos parados, e manter a sanidade e a educación públicas e, en definitiva, o propio Estado do Benestar.

Por iso, dixen, pusimos en marcha numerosas reformas poñendo en orde as contas públicas, saneando o sistema financeiro e recuperando a confianza na nosa economía.

E dixen que afortunadamente, catro anos despois, España está en crecemento e créase empresgo.

Lembrei que o paro na provincia de Ourense a finais de outubro de 2015 totaliza 24.233 parados rexistrados. E que a 31 de decembro de 2011- último mes de Zapatero – había en Ourense 28.217 parados rexistrados. Significa esto que na presente lexislatura – ata o 31 de outubro- o paro rexistrado na nosa provincia baixou en 3.984 persoas.

Tamén falei de que pese a crise vivida en España, nos últimos anos a provincia de Ourense estivo nos primeiros lugares de investimento no que atinxe aos Orzamentos Xerais do Estado, especialmente polas obras de alta velocidade.

Dixen que os orzamentos do Estado dedicados nesta Lexislatura a provincia de Ourense acadaron 2.562,90 M€ , o que representa una media anual de 641 M€, cando na lexislatura anterior a media anual foi de 361 M€.

E citei como os principais investimentos os da liña de AVE Lubian-Ourense na que na nosa provincia foron investidos 2.347,23 M€.  A nova EDAR Ourense: 52,00 M€, a Biblioteca-Arquivo: 13,30 M€, e o Abastecemento de auga a Ourense: 26,50 M€.


Finalmente Álvaro Rodriguez preguntounos sobre o peor e o mellor momento da Lexislatura.

 A miña resposta sobre o máis difícil foi o ano 2012 no que a pesar das medidas de choque adoptadas para frear a sangría do paro, non o cosneguiamos. E os mellores momentos dixen que son aqueles cando se coñecen bos datos de crecemento económico e emprego. Por exemplo o máis recente o da EPA do III Trimestre de 2015  que acreditou en Ourense un descenso do número de parados de 4.200 persoas en relación co trimestre anterior.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.