sábado, 21 de noviembre de 2015

Eleccións Xerais 2015:¿Que pasou realmente cos desafiuzamentos durante este Goberno?

Continúa a campaña informativa do Partido Popular, "30 días, 30 respostas" para contestar a cuestións formuladas polos cidadáns sobre a xestión do Goberno de Mariano Rajoy.

Hoxe a pregunta formulada é: 

¿Que pasou realmente cos desafiuzamentos durante este Goberno?

Este é o enlace de acceso ao vídeo:


https://www.youtube.com/watch?v=vU94sxua74M


Lembrar que o Goberno de Mariano Rajoy aprobou tres normas dirixidas a paliar a situación de desamparo na que poderían quedar algunhas familias afectadas por execucións hipotecarias derivadas de impagos de créditos ou préstamos garantidos con hipoteca:

-   Real Decreto-lei 6/2012, de 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de debedores hipotecarios sen recursos.
-    Real Decreto-lei 27/2012, de 15 de novembro, de medidas urxentes para reforzar a protección aos debedores hipotecarios.
-     Real Decreto-Lei 1/2015, de 27 de febreiro, de mecanismo de segunda oportunidade, redución de carga hipotecaria e outras medidas de orde social.

Todas estas normas tiveron o seu impacto en Galicia, como no resto do Estado, posibilitando unha saída a moitas familias que se atopaban en situación de especial necesidade:

-     Establece un código de boas prácticas: Contempla para situación de especial vulnerabilidade a reestruturación viable da débeda e incluso unha quita da débeda voluntaria pola entidade e posibilita a dación en pago.
-     Crea o Fondo Social de Vivendas
-  Suspende ata 2017 os lanzamentos das vivendas habituais de colectivos especialmente vulnerables.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta