Hoxe recibimos unha gran noticia económica, que é que a economía
española rexistrou no terceiro trimestre do presente ano un avance do 0,8%
respecto do segundo, segundo os datos
publicados polo Instituto Nacional de Estatística.
Este crecemento case
triplica a media dos países do euro para ese período. Nos últimos doce meses, o
crecemento elevouse ao 3,4%, dúas décimas máis que o trimestre anterior.
Esta taxa é a máis alta desde o cuarto trimestre de 2007, é
dicir, un ano antes de que comezase a recesión da economía española. O emprego
crece a un ritmo anual do 3,1%, unha décima máis que no segundo trimestre, e
créanse 511.600 postos de traballo cun aumento da remuneración por asalariado
do 0,3% nun contexto de caída de prezos.
Os datos da Contabilidade Nacional correspondentes ao
terceiro trimestre do ano mostran que a economía española mantén un forte ritmo
de crecemento e que este supera ao dos principais socios europeos. Fronte ao
0,3% de media do conxunto da zona euro, o mesmo porcentaxe para Alemaña e
Francia e unha décima menos no caso de Italia, a economía española rexistra un
crecemento intertrimestral do 0,8%. Encadéanse así máis de dous anos de
crecemento positivo, despois de acumular taxas negativas ou moi próximas a cero
desde finais de 2008, cando se desencadeou a recesión máis longa e profunda da
historia recente en España.
O crecemento interanual foi do 3,4%, a taxa máis alta desde o
cuarto trimestre de 2007; é dicir, un ano antes de comezar a recesión. Supón
unha aceleración de dúas décimas con respecto ao segundo trimestre. A principal
achega ao crecemento provén da demanda nacional (3,9 puntos), mentres que o
sector exterior detrae medio punto.
Dentro da demanda nacional é o consumo
privado o que máis tira da economía (2 puntos), seguido do investimento (1,3
puntos).
En canto á demanda nacional e respecto dos últimos doce meses
destaca o crecemento da formación bruta de capital fixo (6,5%), en especial, os
bens de equipo (10,6%) e, en menor medida, a construción (5,5%). O investimento
en construción encadea así seis trimestres seguidos en positivo. O consumo dos
fogares, pola súa banda, aumenta o 3,5% no último ano, o ritmo máis alto desde
que no primeiro trimestre de 2014 empezou a rexistrar taxas positivas e tamén o
máis elevado desde o cuarto trimestre de 2016.
En canto ao sector exterior, as
exportacións manteñen unha forte vitalidade, cun crecemento do 5,6% respecto de
hai un ano, fronte ao aumento do 7,7% nas importacións.
A evolución do emprego medida en postos de traballo
equivalentes a tempo completo dá unha creación neta de 511.600 empregos. Este
dato supón un aumento do 3,1% respecto de hai un ano, unha décima máis que o
trimestre anterior e o sexto trimestre seguido en positivo. A taxa anual é
tamén a máis alta desde o terceiro trimestre de 2007. A remuneración por
asalariado aumenta o 0,3% en taxa interanual, unha décima menos que no segundo
trimestre, nun contexto de inflación negativa, o que permite ganancias de poder
adquisitivo.
Finalmente salientar que o PIB de Galicia creceu un 0,7% no terceiro trimestre, unha
décima máis que o anterior, o que permite que a economía galega xa creza a un
ritmo anual superior ao 2%. É o 6º trimestre consecutivo no que mellora a súa
evolución interanual.
http://www.ine.es/prensa/cntr0315.pdf
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta