Acudo hoxe aos
estudios da Radio Galega en Ourense, para ser entrevistado por Kiko Novoa,
dentro do programa matinal Os Almorzos do "Galicia por diante".
Fun
entrevistado en calidade de coordinador dos deputados galegos do PP no
Congreso, e destaquei o gran traballo realizado polos 15 deputados e outros dous
mais que foron sustituidos para ir a outras responsabilidaes, resaltando o
papel xogado pola depuntada por Pontevedra e ministra de Fomento Ana Pastor.
Dixen que foi una lexislatura dura e
intensa de de cambio. Pasamos da ameaza do rescate a espertar confianza, da
recesión mais longa ao crecemento mais alto da Unión Europea. Da destrución de
1.430 empregos diarios en 2011 á creación de 1.492 empregos diarios en 2015.
Din os datos da EPA do III Trimestre de
2015 que acreditan que no caso de Galicia hai 35.000 parados menos que hai un
ano. E atendendo ao paro rexistrado, que a finais de setembro había en Galicia
42.497 parados menos que no último ano de Zapatero. Dixen que a nosa aspiración
e seguir creando emprego na vindeira lexislatura.
Dixen que nesta Lexislatura Galicia
recibió un trabamento de xustiza recibindo un investimento total do Estado de
máis de 5.700 millóns de euros, o que representou de medía una porcentaxe de
case o 30 % sobre o otal rexionalizado, cando hai anos pelexabamos por chegar
ao 8 %.
Investimentos que se acreditan con
feitos, pois os galegos xa disfrutan por exemplo de infraestruturas como o Eixo
Atlántico de Alta Velocidade, a Autovía Cantábrico, obras en portos e
aeroportos e ademáis ven como avanzan as
obras de AVE de conexión con Madrid, o as grandes obras de depuración e saneamento de augas.
Lembrei que os presupostos xerais de 2016 consignan para Galicia 1.363
millóns de euros, un 12,30 % por cento dos orzamentos rexionalizados. Uns
orzamentos que adicano o 53 por cento do presupsoto a gasto social.
Fun preguntado polo posible fin do bipartidismo, e dixen que consideraba que habería no vindeiro Congreso outras forzas políticas novas, pero que tanto o PP como o PSOE seguirían sendo as forzas mais significativas como ocorreu nas eleccións locais.
Fun preguntado polo posible fin do bipartidismo, e dixen que consideraba que habería no vindeiro Congreso outras forzas políticas novas, pero que tanto o PP como o PSOE seguirían sendo as forzas mais significativas como ocorreu nas eleccións locais.
Por preocuparme a estabilidade do Estado, dixen que compartía a declaración institucional da Xunta na defensa da
unidade de España e a Constitución. Unha declaración que
recoñece a importancia da soberanía e dos estatutos de autonomía.”
Engadín que que as diferenzas
ideolóxicas deben poñerse dun lado, e diante dos grandes temas e que hai que apoiar consensos. Preguntado sobre
quen debe gobernar dixen que : "O
PP non gobernará se non é o máis votado".
Este é o enlace de acceso á grabación da entrevista:
Este é o enlace de acceso á grabación da entrevista:
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta