jueves, 3 de septiembre de 2015

Mellorar en Galicia a conectividade e o transbordo de pasaxeiros no transporte público por estrada, ferrocarril e vía aérea

Salientar que onte a ministra de Fomento, Ana Pastor asinou xunto a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e os responsables de Adif, Adif AV, Renfe e Aena, un acordo destinado a mellorar a conectividade no territorio galego, o transbordo de pasaxeiros no transporte público por estrada, ferrocarril e vía aérea na Comunidade Autónoma de Galicia

Para poñer en marcha este convenio, as entidades que subscribiron o acordo levarán unha serie de actuacións como a promoción de billetes e outros títulos de transporte dos distintos modos que se poidan utilizar de xeito combinado entre eles (esta integración non poderá supoñer un maior custo para o viaxeiro que o que tería en caso de adquirir os títulos ou billetes separadamente); a coordinación dos calendarios e programacións horarias dos servizos para propiciar o seu uso combinado por parte dos viaxeiros (habilitarase un sistema para que os billetes ou títulos de transporte que se adquiran de xeito conxunto para varios modos se poidan modificar en caso de alteración da data ou hora de saída dun deles); o impulso dun mellor acondicionamento dos puntos de parada e outras instalacións que posibiliten e fagan máis doado para o usuario o transbordo entre os servizos aéreos ou por ferrocarril e o transporte público por estrada (procurarase a redución dos desprazamentos e a correcta sinalización dos lugares de transbordo); e a habilitación de sistemas de información, tanto nas infraestruturas de transporte coma a través de medios telemáticos ou dixitais, que faciliten aos usuarios o coñecemento dos diversos medios de transporte existentes e as posibles conexións dispoñibles para organizar os seus desprazamentos.

A sinatura do acordo supón a creación dunha comisión de seguimento, que se convocará de forma inmediata para traballar, contando cos concellos, na posta en marcha dese billete combinado tren+bus que facilite o acceso aos aeroportos, a coordinación de horarios e o reforzo da información aos viaxeiros.

Parabens por esta aposta do Goberno central e galego pola intermodalidade como vía para avanzar cara a unha rede de transporte integrada en Galicia, con tres aeroportos coordinados e accesibles a todos os cidadáns.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta