domingo, 20 de septiembre de 2015

Gómez Noya , pentacampion mundial de Triatlón

Onte en Chicago, o atleta ferrolán Javier Gómez Noya sumou o seu quinto título mundial de Triatlón algo que ninguén conseguira ata o momento. Foi o segundo na Gran Final das Series Mundiais, por detrás do balear Mario Mola.

Os cinco mundiais acadados por Javier Gómez Noya (2008, 2010, 2013, 2014 e 2015) súmanse a unha longa lista de éxitos entre os que destacan tres subcampionatos do Mundo (2007, 2009 e 2012), tres campionatos europeos (2007, 2009 e 2012), e un diploma e unha medalla de prata olímpicas acadadas nos Xogos Olímpicos de Pekín (cuarto lugar) e de Londres (segunda posición).

Lembremos a dureza deste deporte que combina natación, ciclismo e carreira a pé. En  concreto 1, 5 km nadando, 40 km de recorrido ciclista e 10 km de correndo, e sen descanso algunho entre un e outro.

Parabens a Gómez Noya, deportista orgullo de Galicia.

Agardemos agora pola medalla de ouro nos vindeiros Xogos Olímpicos de Río de Janeiro.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta