Rajoy: "Non imos deixar de ningún xeito que ninguén converta os españois en estranxeiros no seu propio país"

Asisto hoxe en Soutomaior ao mitin do PP co que se inaugura o curso político, Saliento as duas intervencións máis destacadas.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que “neste novo curso tomaremos as decisións esperadas polas que levamos moito tempo traballando”, e considerou que isto é froito do traballo feito nos últimos anos e demostra que “os esforzos non foron en balde”.

 Feijóo cualificou de “transcendental para España, apuntou que grazas ao traballo feito ata agora hoxe pódense presentar orzamentos que crecen substancialmente, incrementar os programas de atención social ou presentar a reforma fiscal pola que estivemos traballando todos estes anos.

Asegurou que o país está máis preto da situación pola que os cidadáns agardaron durante os últimos tempos, do mesmo xeito que tamén o partido “está máis cerca do que a xente espera de nós”. 

Ao fío disto apuntou que o Partido Popular “foi o único que escoitou as urnas” e “en lugar de regodearse nos votos acadados fixouse con humildade nos que non acadou”. Ademais, lembrou que mentres outras formacións “se pechaban nos despachos a repartir cartos e cargos”, o PPdeG saíu á rúa a escoitar á xente e preparar a Ponencia política. 

Durante o seu discurso, Feijóo apuntou que a xestión responsable, o deber cumprido tanto con España como con Galicia, os cambios necesarios efectuados no partido e os realizados no país fan que “catro anos despois de obter a confianza dos españois iremos ás eleccións cun partido e cun país en mellores condicións”. Así, dixo, “o país ten por diante un mellor futuro e tamén hoxe somos mellor partido político do que fomos”. 


“A nós elixíronnos para facer o difícil e fixémolo”, resolveu, xa que segundo engadiu, “gobernar é antepoñer os intereses xerais aos electorais, administrar recursos limitados tendo que dicir non máis veces que si ás peticións” e, por último, “desgastarse un mesmo para que non se desgaste o país”. 

Nesta liña, afirmou que os dous presidentes do Goberno de España que menos se preocuparon por si mesmos e máis polos intereses xerais foron Adolfo Suárez e Mariano Rajoy, e por iso augurou que este último volverá a iniciar o curso político do próximo ano como presidente do Executivo. 

Por esta razón, amosouse convencido de que o PP seguirá sendo a formación apoiada de forma maioritaria polos cidadáns nos futuros procesos electorais, do mesmo xeito que o foi nos últimos comicios xa que “por máis que haxa quen se considere gañador tras pactar nun despacho con outros partidos políticos, os que deben decidir a vitoria electoral son os cidadáns nas urnas”. 

Reflexionando acerca das diferentes opcións polas que poideron optar e poderán optar os españois, Feijóo preguntouse “en qué situación estaría España de ter continuado catro anos máis coas políticas que nos trouxeron aquí e reivindica ZetaPedro, cal sería a situación de adoptar durante catro anos a actitude do Goberno grego reivindicada por Podemos, e cómo estaríamos se tiveramos durante unha lexislatura un Goberno que atende máis as reivindicacións independentistas que aos principios constitucionais”.

Ao fío disto falou do presente e do futuro de España. O seu presente resúmese en que como país “estase recuperando económica e laboralmente, asegura a viabilidade das prestacións públicas que estaban ao borde da quebra, cumpre os seus compromisos, no que empezan a cadrar as contas do país e hai dezasete autonomías”. 

Con respecto ao futuro afirmou que en España “cada vez serán máis os cidadáns que perciban a recuperación, poderán ampliarse as prestacións públicas para quen máis o precise, poderanse tomar medidas de apoio ás familias e seguirá habendo dezasete autonomías”.

Logo foi o turno da intervención do presidente do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy.

Estes son as principais mensaxes do seu discurso:

. "O único problema que se albisca no horizonte é a deriva do PSOE cara ao extremismo e cara á radicalización"

· "O peor que lle pode acontecer ao noso país é esa coalición que algúns xa están a preparar contra quen vai gañar as eleccións"

· "Non imos deixar de ningún xeito que ninguén converta os españois en estranxeiros no seu propio país"

· "Cada vez que deixamos entrar ao longo da nosa historia o virus da desunión, a todos os españois nos foi mal"

· "O único que entenderon os novos xestores é que, o que dicían que ían facer, non se pode facer"

· "Se mantemos a estabilidade política isto irá ben e teremos un longo período de crecemento e de creación de emprego en España"

· "O primeiro obxectivo vai ser consolidar a recuperación económica e que esta chegue a todos"

· Deixamos atrás a desesperanza, o medo ao futuro, a escuridade e os túneles sen final"

· "Hai que seguir construíndo bases sólidas para que, cando hai unha crise fóra, non nos golpee coa intensidade coa que o fixo esta crise"

· "España necesita as nosas políticas, polo menos, durante os próximos catro anos e eu estou absolutamente convencido de que o imos lograr"

· "Estes meses son un tempo decisivo para pechar a Lexislatura da recuperación e para utilizala como pista de despegue para a próxima"

· "Europa está a vivir unha das peores crises migratorias que se recordan. Son miles de traxedias humanas e non podemos permitilo"

· "A Unión Europea vai poñer en marcha un ambicioso proxecto de diálogo e cooperación con África"

Con la tecnología de Blogger.