Galicia terá o vindeiro ano, 413 millóns máis de financiamento

Onte o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, asistiu  en Madrid ao Consello de Política Fiscal e Financeira, presidido polo Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro.

Así coñcecemos que en 2016 Galicia terá 413 millóns máis de financiamento  dos que estaban previstos ademais de avalar o déficit común do 0,3 % que contribúe á nosa estabilidade financeira.


As Comunidades Autónomas contarán en 2016 cun incremento dun 8,75% no conxunto do financiamento, que supón ingresos adicionais de 7.462,8 millóns. Por outra parte, contan co aforro de gasto de intereses de case 2.900 millóns de euros, dos fondos de financiamento habilitados polo Estado, aos que están adheridas a práctica totalidade de CCAA.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.