sábado, 20 de junio de 2015

Visita institucional de Ana Pastor ao Concello de Ourense

Hoxe visitou Ourense a ministra de Fomento, Ana Pastor Julián, o Concello de Ourense, sendo recibida polo novo alcalde, Jesús Vázquez Abad.


Nesta visita, o alcalde presentou aos membros de corporación no Salón de Plenos e logo no seu despacho mantivo unha reunión na que se abordaron todas as actuacións en materia de infraestruturas, que afectan dun modo directo ao concello de Ourense.

As actuacións relativas á chegada da alta velocidade a Ourense, ocuparon unha parte importante do tempo, constatándose o avance das obras entre Lubián e Ourense e o próximo acurtamento da chegada da AVE a Zamora o que se traducirá nunha redución do tempo de viaxe entre Galicia e Madrid de polo menos trinta minutos.

Sobre a variante exterior, a ministra afirmou que tan pronto remate a tramitación ambiental do tramo Taboadela-Ourense licitarase de inmediato.

En prol de propiciar o consenso entre as diferentes Administracións Pastor anunciou que se constituirá en datas próximas un grupo de traballo para estudar a mellor integración da AVE na cidade así como o modelo de estación que precisamos, constatando que a Xunta de Galicia encargou xa o proxecto para a integración dunha nova terminal de autobuses nese mesmo ámbito.

As infraestruturas viarias tamén foron obxecto de comentario, en especial a variante norte, afirmando a ministra de Fomento que o primeiro tramo desta estrada terá partida presupostaria no proxecto de presupostos xerais do Estado de 2016, e que esta obra resulta importante para que unha vez concluída se pode dar o paso á cesión da N-120 para posibilitar o chamado "boulevard termal" 


Considero que este visita, tivo un alcance moi positivo, mais alá do meramente protocolario.

https://www.youtube.com/watch?v=du55Nw0SRAc

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta