Rajoy reprocha ao líder do PSOE os pactos con partidos extremistas

Tamén na sesión plenaria de hoxe o líder da oposición, o socialista Pedro Sánchez interesouse polas recentes declaracións do director xeral da corporación RTVE, nas que admitía que era votante do PP.

 Na súa resposta, o presidente do Goberno subliñou que en España hai liberdade ideolóxica e de voto e liberdade de expresión, polo que non "pretenderá quitarlla a ninguén, sexa esa persoa quen sexa".

En calquera caso, sinalou Rajoy, "as opinións manifestadas polo director xeral (de RTVE) non afectan para nada á independencia informativa súa nin á dos funcionarios da televisión española".

Mariano Rajoy tamén reprochou ao líder do PSOE os pactos que alcanzou o seu partido nalgúns concellos e comunidades autónomas, cando previamente dixera que "xamais se ía aliar con partidos extremistas".


http://www.lamoncloa.gob.es/presidente/actividades/Paginas/2015/170615sesiondecontrol.aspx

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.