jueves, 11 de junio de 2015

No faladoiro de Radio Voz

Intervengo hoxe no habitual faladoiro de Radio Voz, que modera a xornalista Antía Díaz Leal, e no que hoxe estiveron Breogán e Domingos Sampedro.

O tema central foi o anuncio feio esta mañá porlo alcalde   José Clemente López Orozco, que confirmou en rolda de prensa que su decisión de renunciar a ser el candidato do PSOE á alcaldía de Lugo de deixar a súa acta de concelleiro, so pretexto de posibilitar un pacto de esquerdas que de aos socialistas a Alcaldía.

Dixen que era una noticia esperada ao tempo que lamentable pois evidencia a renuncia a principios pola presión exercida por un partido minoritario Lugo Novo, que obtivo o voto do 11,37 % e que impón o seu criterio ao partido socialista que obtivo o 29,51 %.

E o mais lamentable e que o PP lucense que obtivo o apoio do 31,99 % do electorado, e polo tanto que é a lista gañadora perde a lexítima opción de gobernar.

Falei das coalicións dos partidos que gañan as eleccións para completar as maiorías, que son un mandato ético e democrático. Máis as coalicións dos partidos que perden as eleccións, para impedir que gobernen os partidos que gañan, xa non teñen tanto de democrático, e desde logo, nada de ético.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
 Recibirá resposta