sábado, 25 de abril de 2015

Aprazada a reforma do Rexistro Civil en aras ao diálogo e o consenso

Neste blog, o pasado 10 de abril, falaba do rexistro civil e dicía que o cambio de modelo de Rexistro Civil no que se está a traballar se acordou xa na pasada lexislatura a través da Lei 20/2011, que contou co apoio de todos os grupos parlamentarios. Nesta Lei estableceuse un Rexistro civil electrónico e desxudicializado.

Naquel momento, o Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, insistía no sentido de que o novo Rexistro Civil sería "electrónico, público e gratuíto”  e que nonsupoñerá "ningunha privatización do servizo público, e que o anunciado cambio de xestión do Rexistro Civil non levaría consigo ningunha redución de emprego público.

Pois ben onte o Ministerio de Xustiza comunicaba a decisión de revisar a reforma do Rexistro Civil co obxectivo de alcanzar un consenso que conte cos apoios necesarios, tanto dos afectados, coma dos traballadores, os sindicatos e os partidos políticos.

 O ministro Rafael Catalá reafirmou a vontade do Goberno de mellorar a xestión do Rexistro Civil para conseguir un servizo público de calidade, gratuíto e próximo aos cidadáns.

Tras constatar a oposición de parte do sector ao proxecto, o Ministerio decidiu que non vai levar adiante unha reforma que non conte co consenso do conxunto dos profesionais.

A intención do Ministerio de Xustiza é continuar co proceso de reformas iniciado, que incide na necesaria desxudicialización dos rexistros, sacando a súa xestión do ámbito xudicial, pero a través do diálogo, o consenso e a participación dos profesionais, e abertos sempre á formulación de calquera tipo de alternativas.

Considero que o ministro acerta ao aprazar esta reforma ata que se alcance un consenso cos sectores profesionais e sociais afectados.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta