Presidín hoxe a Comisión
de Fomento do Congreso dos Deputados na que se formularon dezasete preguntas
orais a dous altos cargos.
Dúas delas foron dirixidas ao Subsecretario do Ministerio de Fomento, Mario Garcés Sanagustín.
Dúas delas foron dirixidas ao Subsecretario do Ministerio de Fomento, Mario Garcés Sanagustín.
Unha foi a relativa ás medidas acometidas polo Ministerio de Fomento ao
longo desta Lexislatura para atender as débedas pendentes do anterior Goberno.
Garcés respondeu que "entre entre 2012 e 2014 fomos capaces de sanear 5.550 millóns de euros, o que equivale ao 92% do presuposto da Sección 17 para 2015. Noutras palabras, en 3 anos tivemos que acometer e logramos sanear practicamente o presuposto dun exercicio".
E as quince restantes
foron formuladas ao Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño.
Unha das preguntas tivo que ver coas obras de estradas retardadas ou suspendidas durante a anterior Lexislatura que foron retomadas polo actual Goberno.
Unha das preguntas tivo que ver coas obras de estradas retardadas ou suspendidas durante a anterior Lexislatura que foron retomadas polo actual Goberno.
Manuel Niño afirmou que en decembro de 2011, a situación da xestión no ámbito do desenvolvemento da Rede de Estradas do Estado podía resumirse nunha planificación totalmente desbordada pola realidade, con multitude de obras iniciadas (ás veces testimonialmente) e sen o financiamento asegurado para poder continuar ata a súa finalización.
E dixo que dende xaneiro de 2012 ata marzo de 2015, o Ministerio de Fomento reactivou a execución dun total de 49 obras, por un importe global de execución de 3.475 millóns de €.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta