Sobre a vindeira Convención municipal do PP de G


Onte tivemos reunion do Comité de Dirección do PPdeG, presidida por Alberto Núñez Feijóo, no que abordamos como tema principal a Convención municipal do partido que terá lugar o vindeiro fin de semana en Santiago de Compstela. 

O eslogan escollido para este encontró  é “Por todo o que importa”, o que representa a filosofía de traballo do Partido Popular de Galicia. 

Esta Convención adicará   a xornada do sábado 28 ás persoas que encabezarán as listas do partido ás cidades pero tamén a pequenos concellos de Galicia. Ademais, intervirán a ministra de Fomento, Ana Pastor, o voceiro de campaña do PP, Pablo Casado, e o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo. Todo cun formato aberto para que os dirixentes do PPdeG  escoiten e interactúen cos militantes do partido. 

Ademais das actividades do plenario, a Convención terá espazo para a formación dos candidatos e dos dirixentes do partido, así como encontros nos diferentes stands que completarán a montaxe do event

O domingo 1 de marzo, na clausura do encontro estarán o propio Feijóo e a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría. 

https://www.youtube.com/watch?v=DUwUeNvlzQ0

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.