A vindeira semana no Congreso dos Deputados


O Pleno do Congreso dos Deputados da próxima semana comeza o martes, ás 16,00 horas, co debate de toma en consideración da Proposición de Lei do Grupo Parlamentario La Izquierda Plural sobre a reforma do Imposto sobre o Valor Engadido dos servizos básicos: auga, electricidade, gas e transporte.


Tamén se debaterá a toma en consideración da Proposición de Lei do Grupo Parlamentario Socialista, sobre modificación da Lei 17/2006, do 5 de xuño, da radio e a televisión de titularidade estatal, para recuperar a independencia da Corporación RTVE e o pluralismo na elección parlamentaria dos seus órganos.

Ademais, abordaranse as proposicións non de lei do Grupo Parlamentario Catalán relativa ao pagamento anual do Fondo de Competitividade correspondente aos anos 2014 e 2015 á Generalitat de Cataluña e demais Comunidades Autónomas beneficiarias deste e a do Grupo Parlamentario de Unión Progreso e Democracia, sobre medidas para erradicar a endogamia universitaria mediante a reforma do sistema de selección do persoal docente e investigador permanente universitario.

O mércores, ás 9,00 horas, continuarase o Pleno coa sesión de control ao Goberno e o debate das interpretacións urxentes.

Na sesión do xoves, ademais do debate sobre a modificación do Código Penal no referente a delitos de terrorismo, trataranse varios ditames da Comisión de Asuntos Exteriores sobre Convenios internacionais.

Noutra orde de cousas informar que o mércores 18 pola tarde, teremos reunión da Comisión de Fomento na que comparecerá o Secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, para informar sobre a entrada de capital privado en AENA, Aeroportos, S.A



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.