martes, 3 de febrero de 2015

A suba do paro contense nun mes sempre malo para o emprego


O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xaneiro  de 2015

Son os seguintes:

Ourense:

Medra o paro rexistrado en xaneiro en relación co mes anterior en 801 persoas, un 2,93 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 2.541  persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do 8,29%. 

O numero de parados queda en 28.115, deles 13.359 son homes e 14.756 mulleres, 26.473 son maiores de 25 anos e 1.642 menores.

Por sectores, 1.375 son da agricultura, 3.884 da industria, 3.594 da construción, 18.912 nos servizos e 2.350 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en xaneiro en 7.084 persoas con respecto a decembro (un 2,81 %). O numero de parados queda en 259.002, deles 123.597 son homes e 135.405 mulleres, 245.024 son maiores de 25 anos e 13.978 menores.

Por sectores, 9.564 son da agricultura, 33.819 da industria, 33.040 da construción, 161.474 nos servicios e 20.205 do colectivo sen emprego anterior.

Sobe especialmente nas provincias de Pontevedra e A Coruña, algo ligado ao sector servizos. Na industria e na construción baixa o desemprego.

A análise interanual ofrécenos un dato máis representativo cá intermensual, pois o desestacionaliza. En xaneiro sempre crece o desemprego.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 22.075 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do 7,85%. 

É o décimo quinto mes consecutivo no que baixa o paro a nivel interanual.

O paro interanual cae en Galicia case dous puntos máis ca na media do Estado.


España:

O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego aumentou en xaneiro de 2015 en 77.980 persoas (un 1,75%) e sitúa a cifra total en 4.525.691 persoas.

Deles os 2.137.837 son homes e 2.387.854 mulleres. Son menores de 25 anos, 384.932 e maiores, 4.140.759.

Por sectores, 228.384 son de agricultura, 452.644 da industria, 535.257 da construción, 2.938.627 de servizos e 370.779 do colectivo sen emprego anterior.

Aínda que xaneiro é un mes no que sempre aumentou o paro, o deste mes é o menor incremento dende 2007. Nos últimos 7 anos, o paro rexistrado no mes de xaneiro crecera por termo medio en 144.000 persoas.

En termos desestacionalizados, o paro diminúe en 42.723 personas,el mellor dato nun mes de xaneiro de toda a serie histórica. A excepción de xullo de 2014, o número de parados en termos desestacionalizados vén reducíndose mes a mes dende maio de 2013, acumulando así 22 meses de caída.

Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en 288.744 persoas, o maior descenso interanual do paro nun ano dende 1998, cunha taxa de redución interanual que se sitúa no 6%.

Por sectores económicos, o paro entre os traballadores que desempeñaran a súa última actividade nos Servizos sobe en 76.744 persoas (un 2,68% máis) e en 15.858 persoas en Agricultura (un 7,46% máis), mentres en Construción se reduce en 7.857 (un 1,45% menos) e en Industria baixa en 753 (un 0,17% menos). Por último, o colectivo Sen Emprego Anterior redúcese en 6.012 persoas (un 1,60% menos).

O paro rexistrado baixa en 3 Comunidades Autónomas: Extremadura (-1.113), Canarias (-939) e Illes Balears (-494). Sobe, pola contra, en 14, encabezadas por Andalucía (28.033) e Comunidade Valenciana (7.569).

Estes datos negativos, pois o paro medra, son malia todo coherentes coa evolución recente da nosa economía, e coas previsións formuladas por diferentes organismos e servizos de estudos.

En todo caso hai que recordar que en xaneiro sempre subiu o paro, e a suba deste ano é a menor dende 2007, e os datos desestacionalizados indican que a tendencia de redución das cifras de desemprego séguense consolidando.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta