Rajoy: "os totalitarismos, os fanatismos e o terrorismo nunca gañaron a batalla aquí nin en ningún outro lugar e non a gañarán".

Esta mañá celebrouse en París e a proposta do ministro do Interior de Francia, Bernard Cazeneuve, unha importante reunión de ministros de Interior á que asistiu por España, Jorge Fernandez Díaz que ademais de expresar as máis sinceras condolencias do Goberno español polas vítimas dos dous atentados, expuxo unha serie de medidas para reforzar a loita contra esta eiva.

Na súa intervención, definiu a posición española fronte á ameaza do terrorismo internacional e ten detallo as operacións que as Forzas e Corpo de Seguridade do Estado realizou contra este fenómeno.



Fernández Díaz afirmo que a "España lle preocupa especialmente a ameaza terrorista" procedente do Sahel e Libia, así como doutras zonas de conflito de onde regresan combatentes yihadistas, principalmente Sirya e Iraq. Neste contexto, o ministro do Interior, puxo en valor a importancia da colaboración internacional á hora de loitar contra o terrorismo yihadista, detallando que entre 2001 e 2014 se realizaron en España 28 grandes operacións, cun balance de 130 detidos, deles os 53 relacionados con Sirya.

Ademais das actuacións policiais, Fernández Díaz resaltou que en España adoptaron diversas medidas operativas e normativas para loitar no escenario clave de internet e para previr, en particular, a radicalización. E sobre este último asunto destacou a Estratexia Integral contra o Terrorismo Internacional e a Radicalización" de 2012 / Plan Estratéxico Nacional de Loita Contra a Radicalización Violenta, que aprobará en breve o Consello de Ministros.


E dende as quince horas ten lugar na capital gala a gran manifestación en solidariedade coas vítimas dos atentados yihadistas cometidos esta semana en Francia, e á que asistiron preto de medio centenar de xefes de Estado e de Goberno de todo o mundo.


Entre eles o presidente do Goberno Mariano Rajoy puxo de relevo a importancia que ten esta manifestación para "ratificar os valores europeos, aquilo que compartimos, fundamentalmente a defensa da liberdade, dos dereitos fundamentais das persoas e da seguridade de todos os cidadáns".



Vimos, dixo na Embaixada de España en París, a recordar que "os totalitarismos, os fanatismos e o terrorismo nunca gañaron a batalla aquí nin en ningún outro lugar e non a gañarán".

Nun encontro mantido cos medios de comunicación na Embaixada de España en París, previo á manifestación, Rajoy tamén para expresar o apoio "total, absoluto e incondicional" de España ao Goberno francés, ao presidente da República e a todos os cidadáns franceses.

Neste punto agradeceu o respaldo que Francia presto sempre a España na loita contra esta eiva e puxo de relevo a colaboración de ambos os dous países en materia antiterrorista.

"Contra o terrorismo, a actitude coa que hai que estar é a loita sen cuartel, o xeito de combatelo é con unidade, cooperación e reafirmando día a día aqueles valores propios da sociedade en que vivimos: a liberdade, a democracia e os dereitos humanos," dixo Rajoy.

En opinión do presidente do Goberno "cando se atenta contra os dereitos dun cidadán, estase a atentar contra todos, independentemente de cal sexa a súa nacionalidade,".

Por esta razón, ao seu xuízo, a loita contra o terror ten que ser de todos e non se cinguir ás nosas fronteiras, de aí a importancia da reunión mantidos esta mañá os ministros de Interior europeos para aumentar a unidade nesta loita e mellorar a cooperación, porque "ningún país pode loitar só contra o terrorismo".

En canto ao risco de atentados en España, dixo que o Comité de crise do Ministerio do Interior elevou recentemente o nivel de alerta, ao igual que fixeron outros países. Subliñou que, aínda que "ninguén está nunca a salvo de nada", estamos en condicións de "dar unha mensaxe de tranquilidade" e recordou que no último ano se efectuaron en España a máis de corenta detencións relacionadas co yihadismo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.