No faladoiro de Radio Voz

Interveño hoxe no habitual faladoiro de Radio Voz, que moderou o xornalista Isidoro Valerio e na que participaron Ernesto Sanchez Pombo, Xaime Vila e Esteban Rico.

Comentamos en primeiro lugar a entrevista que o director de Informativos de Telecinco, Pedro Piqueras, fixo onte en directo ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy. 

Unha entrevista que vin e que cualifique como profesional, esixente e ampla, contradicindo aos que afirmaron que foi unha entrevista cómoda.

Lembrei que abordou cuestións de gran actualidade como a vitoria de Syriza nas eleccións gregas deste domingo. Que, falou dos novos partidos como Podemos, do que comentou que “denunciar é moi fácil pero gobernar é moi difícil”.

E foi moi contundente cando foi preguntado sobre os papeis de Bárcenas, afirmando que se nega a estar todo o día debatendo co señor Bárcenas" e que “nin coñecía a contabilidad B nin recibiu diñeiro negro”.

Que, Rajoy falou de que os 'populares' e o seu Goberno demostraron "determinación, ganas e coraxe" contra a corrupción. 

E que se mostrou comprensivo co enfado da xente á vez que espera que os cambios legislativos emprendidos eviten casos no futuro e obriguen á devolución do diñeiro roubado. 

Comentei como na entrevista que tamén respondeu sobre o tema que máis lle preocupa aos españois, o paro. Rajoy referiuse á situación económica en España e dixo "eramos o enfermo de Europa e agora somos o país que mais emprego crea". E recordou que “estivemos nunha situación de urxencia" pero " os españois souberon aguantar e evitar o rescate".

E que o presidente lanzou unha mensaxe de optimismo asegurando que "logo de sete anos destruíndo emprego, conseguíronse crear 400.000 en 2014" e en que "en 2015 imos crecer máis e crearanse ata 600.000 empregos novos". 

Logo falamos da comparecencia de hoxe no Parlamento de Galicia do presidente da Xunta, Alberto Níñez Feijóo, cando comprometeu un programa de impulso democrático consistente na aprobación en 50 días de cinco leis e cincuenta medidas.

Unhas no ámbito da administración autonómica como a nova Lei de Transparencia e Bo Goberno (sometida a un proceso previo de participación cidadá), a proposta dunha nova Lei do Consello de Contas e dunha nova Lei de Financiamento dos Partidos Políticos no ámbito autonómico.

En defintiva que foi unha comparecencia chea de compromiso na loita contra a corrupción e na que houbo chamadas ao consenso coas  propostas dos diversos Grupos do Parlamento de Galicia.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.