Hoxe celebrouse reunión da Deputación
Permanente do Congreso na que se debateron diversas peticións de comparecencia
de ministros.
Entre outras a da ministra de Fomento, Ana Pastor, para que comparecese de forma extraordinaria na Cámara para informar da entrada de capital privado en Aena, así como para explicar as prioridades do Goberno en materia ferroviaria e os plans de liberalización.
Entre outras a da ministra de Fomento, Ana Pastor, para que comparecese de forma extraordinaria na Cámara para informar da entrada de capital privado en Aena, así como para explicar as prioridades do Goberno en materia ferroviaria e os plans de liberalización.
En nome do GPP expresei a nosa oposición a estas comparecencias por canto non tiñan carácter de urxencia e sendo temas importantes, poderían tratarse perfectamente en período ordinario.
Defendín o investimento do Goberno na AVE a Galicia e lamentei que novamente o deputado catalán Pere Macías (CiU) na súa intervención tivese posto en cuestión as novas liñas de alta velocidade no noso país, entre as que se encontra a galega, suxerindo que os novos AVEs poden poñer en risco financeiro a ADIF e a RENFE e asegurando que o Goberno está a cometer unha "grave irresponsabilidade" ao acometelas.
Pere
Macías
fixo estas afirmacións aludindo ao recente anuncio da ministra de Fomento, Ana Pastor, de que
en 2015 se van poñer en funcionamento 1.000 novos quilómetros de AVE en España,
entre os que se encontra parte da liña de AVE a Galicia, e criticou que a Alta
Velocidade sexa unha prioridade do Goberno cando de forma paralela, na súa
opinión, se están a abandonar investimentos en liñas de Cercanías en Cataluña.
Censurei duramente que Pere Macías esperase a facer esta crítica "a que os investimentos que fixo o Estado no seu conxunto para facer esa xusta e necesaria chegada da alta velocidade a Cataluña e a súa prolongación coa fronteira francesa concluísen". Díxenlle a Macías que "parece que está a defender de novo o modelo dunha dobre condición: os españois de primeira que ten dereito a unhas boas plataformas e infraestruturas ferroviarias e unha España de segunda que non teñen dereito a eses investimentos. E para iso utilízanse, nada máis e nada menos que uns pseudo informes de países de fóra como Portugal e como Francia".
Manifestei que o compromiso do PP coa AVE "non" responde máis que a criterios de xustiza e de rendibilidade económica e social" e resaltei que os investimentos para levar a AVE dende a Meseta a Castela e León, a Galicia, a Asturias, ao País Vasco ou a Extremadura "son necesarios para colocarnos en situación de competitividade".
Díxenlle que nos alegramos polos investimentos en todos os territorios de España, pero pediriámosllelles que tamén se alegren polos investimentos noutros territorios que non sexan o seu e defendamos a solidariedade que tanto practicamos con algúns territorios".
A voz de Pere Macías non foi hoxe a única crítica coas novas liñas de alta velocidade en España. O deputado de UPyD, Ramón Martínez Gorriarán, insistiu novamente en cuestionar a AVE.
O debate deste punto pódese visualizar
a partir do minuto 4:05:03. A intervención de Pere Macías,
dende o minuto 4:20:04, a de Ramón Martínez Gorriarán
dende o 4:32:53 e a de Celso Delgado dende o minuto 4:35:10.
http://www.congreso.es/wc/htdocs/web/jsp/canalParlamento/reproductorDirectoAkamai/player_diferidomp4.jsp?
codSesion=17&codOrgano=500&fechaSesion=27/01/2015&mp4=mp4&idLegislaturaElegida=10
codSesion=17&codOrgano=500&fechaSesion=27/01/2015&mp4=mp4&idLegislaturaElegida=10
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta