viernes, 30 de enero de 2015

A economía española creceu o 1,4% en 2014

A noticia do día facilitouna hoxe o Insituto Nacional de Estadística (INE), e é que a economía española creceu o 1,4% en 2014, unha décima máis do previsto polo Goberno, ao tempo que a variación anual do PIB no último cuadrimestre do ano acelerou o seu crecemento ata o 2% e avanzou o 0,7% respecto ao cuadrimestre anterior.

Aínda que este dato haberá de confirmarse o 26 de febreiro cando se publique a contabilidade nacional trimestral, supón o primeiro crecemento da economía española despois de varios anos de recesión e de que o PIB caese o 1,2% en 2013.

Este contratado dato, vén a confirmar a tendencia positiva da economía española, e fai moi crible que o crecemento para este ano 2015 poida superar o 2%, taxa na que está situada a previsión oficial.