Sobre os tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas hospitalarias

Cabe destacar como moi importante o anuncio feito hoxe polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, relativo o inicio da tramitación do decreto que regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas hospitalarias.

O texto permitirá garantir un tempo máximo de atención sanitaria hospitalaria programada e non urxentes de 60 días naturais nas intervencións cirúrxicas, de 45 días nas consultas externas e 45 días nas probas diagnóstica e terapéutica.

Feijóo dixo que “Ata o de agora se establecían 180 días de espera máxima para intervencións cirúrxicas programadas e non urxentes e agora pasamos a 60 días. Esixímonos uns tempos de espera sanitaria para os cidadáns galegos moito máis reducidos dos que obriga a actual lexislación e con plenas garantías de cumprimento”, incidiu, ao que engadiu que o texto establece que cando o Sergas non poida ofertar ao cidadán a atención no tempo máximo establecido, o paciente poderá optar por continuar na lista de espera no centro que lle corresponde ou requirir atención noutro centro acreditado en Galicia.

No caso de que o Servizo galego de Saúde non poda destinar ao paciente a outro centro público, este terá a opción de ir a un centro concertado polo Sergas e será o Servizo galego de Saúde o que abone os custos. “Así pois, non só establecemos uns límites máximos de espera hospitalaria en ámbitos onde outros non se autoimpoñen nada, senón que reducímolos de case medio ano a tan só dous meses nas intervencións cirúrxicas e mes e medio no caso das consultas externas e das probas diagnósticas e terapéuticas”, asegurou, a modo de resumo.

Celebro pois que a redución das listas de espera nos distintos ámbitos sexa uns dos obxectivos prioritarios do Goberno galego.  

Os datos avalan que os esforzos dos profesionais sanitarios de Galicia están a dar os seus froitos, pero temos que seguir traballando para seguir mellor que a media dos servizos de saúde que integran o Sistema Nacional de Saúde.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.