Na Convención do PP de Ourense


Asisto onte pola  tarde no Carballiño a Convención Provincial de Candidatos e Candidatas do PP de Ourense para as Eleccións Municipais de maio de 2015, dando a benvida o alcalde Argimiro Marnotes.

Comezou coa intervención do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que salientou que "a pesar de que entre todos, moitos problemas os solucionamos, aínda quedan moitos por solucionar. Pero ninguén nos debe roubar as solucións. Hai algún que pretende proxectarse como o máis grande, e precisan que os problemas sexan máis graves. Eso é minusvalorar á xente e caer no simplismo, cando non se moveu nin un dedo para paliar esta profundísima recesión económica. Desprezan este país e non lles gusta que agora falemos de emprego e non de paro. E non lles gusta porque todo isto o conseguimos co esforzo de todos. Non entendo esa satisfacción por dividir. Frente a súa soberbia, a nosa humildade; frente ao seu ego, o noso servizo. Nós estamos aquí para gañar"

Alberto Núñez Feijóo di que agora "falan de facer grandes coalicións os que perden nas urnas e calquera cousa lles vale para gobernar".

Feijóo dixo que os cálculos de pactos postelectorais son do PSOE e a soberbia de Podemos. Que mentres o PP dá a cara diante da crise outros decláranse imprescindibles, mais sen presentarse ás eleccións. "aliméntanse da crise, aliméntanse da crise económica ao igual que se alimentan de fomentar a fivisión. E fronte ás súas leccións dende os púlpitos, os nosos feitos nas rúas. Eles son os salvadores da patria, nós preferimos se os servidores da patria.

Insistiu en que a única coalición lexítima é a que sae das urnas e que "o PP non pode ter alcaldes que perden as eleccións." Sostivo que "falan de coalicións os partidos que se dividiron sempre. Falan de facer grandes coalicións os partidos que cando deixaron o goberno se dividiron en tres ou catro. Realmente só lles toca a unidade cando lles toca o poder.

Logo intervironJosé Luis Ferro Iglesias ("Cultura e Turismo, a xestión local do Turismo Cultural"); Luz Doporto Real ("La alternativa popular, el modelo de la confianza"); Gabriel Alén Castro ("Facendo futuro. A xestión local no século XXI"); María del Carmen Yáñez Salgado ("O futuro de Ourense pasa polo Termalismo") e Jorge Pumar Tesouro ("Organización política e campaña electoral").

Pechou a Convención o presidente provincial, Manuel Baltar, dicindo que "O PPOU é a única forza política desta provincia capaz de presentar a día de hoxe aos seus 91 candidatos provinciais". Destacou tamén que a media de idade dos candidatos populares ourensáns é de 52 anos. Ademáis, lembrou que dos 91 candidatos hoxe presentados, 22 supoñen unha renovación. 

Manuel Baltar, durante a súa intervención, anunciou que o 31 de marzo de 2015, día no que se publique no BOP a convocatoria das Eleccións Municipais, presentará o seu programa electoral provincial, cunha visión integral da provincia de Ourense. E para elo, desde hoxe mesmo a web do ppou (http://www.ppou.es/Propuestas) incorpora un apartado de propostas titulado "Programas en rede". "Calquera persoa que queira colaborar na redacción dos programas electorais, provincial e locais, do PPOU poderá facelo dende a súa casa, enchendo uns formularios online. Queremos programas electorais en rede e abertos, que recollan todas as propostas que nos acheguedes. Propostas que asumiremos, asinaremos e nos comprometeremos a cumprir", recalcou.

Fixo un repaso aos obxectivos do PPOU para os vindeiros comicios, que actualmente ostenta 69 das 92 alcaldías de Ourense, así como a intensa actividade orgánica do PP de Ourense. con 70 congresos locais celebrados a día de hoxe. "Defendemos unha visión integral da provincia, onde todos os municipios contan. Somos reformistas, centristas e galeguistas. E practicamos o verbo máis importante en política: escoitar. Somos unha formación política gañadora como ningunha".

Definiu á política municipal como "a verdadeira escola da Política" e ensalzou o intenso traballo ao carón dos veciños dos alcaldes e concelleiros da provincia.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.