lunes, 29 de diciembre de 2014

Balance no ano 2014 do Goberno de Rajoy:

A poucos días de finalizar o presente ano procede facer un superficial balance da acción de Goberno de Mariano Rajoy no que respecta a crecemento económico, emprego e benestar.


Crecemento e emprego:


Os españois demos a volta á situación de crise:

- Tras sete anos de caída, 2014 é o primeiro ano en que se crea emprego neto: 400.000 novos afiliados nun ano.

- Foméntase o emprego estable con medidas concretas: a tarifa plana de contratación indefinida tivo 180.000 beneficiarios, e agora prorrogarase tres meses máis.

- Recuperamos boa parte das empresas que se deron de baixa durante a crise: 71.500 novas empresas.

- Estabilizamos a inflación: levamos 14 meses recortando o diferencial coa media europea.

- Os españois recuperan poder adquisitivo: soben as pensións un 0,25 e o salario mínimo interprofesional un 0,5%.

- España crece por enriba da media europea, dende as previsións máis prudentes: crecemento do 1,4% do PIB.

- Gañamos competitividade para as nosas exportacións: somos un dos países do mundo con maior dinamismo exterior.

- O crecemento tradúcese en confianza e investimentos: estamos entre os 10 países do mundo que máis investimentos reciben.

- As CCAA alcanzaron a sostibilidade financeira, clave para garantir a prestación de servizos básicos.


 Benestar

Os bos datos económicos tradúcense en benestar:



- A creación de emprego reactivouse con 550.000 empregos máis en seis meses: cada número representa un motivo de esperanza para as persoas que aínda non encontraron emprego.


- Aumenta o investimento en políticas activas de emprego: un 16,5% nos Presupostos Xerais do Estado.

- Mantivéronse as prestacións por desemprego: investíronse 30.000 millóns en 2014.

- Máis de 400.000 parados de longa duración volverán ter unha oportunidade de emprego, grazas ás axudas para a integración efectiva no mercado laboral.

- Entra en vigor a reforma fiscal, que baixa os impostos de forma xeneralizada un 12,5%, beneficiando especialmente ás rendas máis baixas.

- España conseguiu superar a peor etapa da crise sen menoscabar a protección social: o 54% do presuposto diríxese ao gasto social.

- Este Goberno subiu as pensións: mentres outros países tiveron que recortalas ata un 15%, en España páganse máis que antes da crise.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta