jueves, 6 de noviembre de 2014

No Foro "Presente e futuro do termalismo de Ourense"

Participei hoxe en Ourense no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o Foro "Presente e futuro do termalismo de Ourense", no que se analizaron as perspectivas socioeconómicas e de turismo de ocio e saúde que ofrece o ámbito termal da provincia de Ourense.

Un evento que  forma parte de tres foros: Demografía, Termalismo e Emprendedores, organizados polo xornal La Región coa colaboración da Deputación de Ourense.

Abriu o Foro, o presidente da Deputación, Manuel Baltar  quen anunciou, referíndose ao termalismo, que nas vindeiras semanas, antes de que remate o mes de novembro, asinará co presidente da Xunta de Galicia o convenio para a execución do Plan Termal Provincial, e antes de que remate 2014 celebrarse o acto de constitución do Consello Termal Ourensán, "ao que están convidados a participar todos aqueles que queiran achegar, en positivo, propostas que contribúan a sumar en favor do termalismo en Ourense, entre os que estarán, por suposto, as vilas termais e os concellos da provincia que teñen esa cualificación.

Logo foi o turno para a intervención de dous destacados expertos o profesor José Carro, presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, e Julián Tejerizo, xefe da Área de Termalismo do Imserso.

E logo intervimos varios representantes dos ámbitos institucional, académico e empresarial da provincia de Ourense e do norte de Portugal.

Dediquei a miña exposición a valorar a importancia das infraestructuras para o crecemento económico e a competitividade dun territorio.

Destaquei que as infraestructuras ferroviarias de alta velocidade que estamos construíndo colocaran no horizonte de 2018 a Ourense nun tempo de viaxe a Madrid de dúas horas e quince minutos aproximadamente, e que xa no primeiro semestre do próximo ano 2015 todas as relacións entre a capital de España e o Estado reduciranse en media hora. 

Desta mellora substancial das comunicacións beneficiarase o potencial termal de Ourense que poderá recibir un maior aporte de clientes de diferentes procedencias nacionais e internacionais.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta