PXE 2015: Entrevistas en Telemiño

Hoxe Telemiño, a televisión local de Ourense, do grupo “La Región” emite dous programas nos que participo.

Un deles é "La entrevista" que gravei esta mañá e na que respondín ás preguntas que me formulou o xornalista Quique Rodríguez.


O outro é o programa que dirixe o xornalista Antonio Nespereira, chamado "Las cuentas claras" que gravei o pasado mércores.

En ambos os dous o tema son os Presupostos Xerais do estado para 2015 e a súa incidencia na provincia de Ourense, nos que dou a miña visión sobre os investimentos que contemplan ( en ferrocarril, estradas, medio ambiente e cultura), a execución presupostaria e as partidas de ingresos e gastos, con referencia á reforma fiscal e ás pensións.

http://www.teleminho.com/

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.